Librería Central Librera
calle Dolores 2
15402 Ferrol
centrallibrera@telefonica.net

Teléfono [34] 981 35 27 19
Fax [34] 981 35 27 19
http://leergratis.es
http://www.deferrol.com

MERCAR O LIBRO GUERRA CIVIL E REPRESIÓN EN FERROL: 12

 

GUERRA CIVIL E REPRESIÓN

EN FERROL E COMARCA.

Xosé Manuel Suaréz

Entrar na páxina Guerra Civil e Represión en Galiza

Lista de fusilados  Xosé Manuel Suárez Martínez. suarxm@hotmail.com


AGRADECEMENTO:

A tódolos que me proporcionaron a súa colaboración, entre outros a Eliseo Fernández, Francisco González Vidal, funcionarios do rexistro civil de Ferrol, persoal do Arquivo da Zona Marítima do Cantábrico e do Tribunal Militar Territorial Cuarto, e a tódolos que me axudaron dalgunha forma.

Á profesora Soledad  Gómez de Las Heras (UNED), directora da tese doutoral que deu pé a este libro.

 

DEDICATORIA:

A Daniel e Brais, para que coñezan o que pasou, o que xa é historia.


ÍNDICE

 

1ª PARTE. ANOS DE LIBERDADE (1931-1936).

Capítulo I. O período republicano en Ferrol.

     1.1. Os partidos.

1.2. Sindicatos e outras sociedades.

1.3. O enfrontamento político.

Capítulo II. A vida política na comarca.

2.1. No distrito xudicial de Ferrol.

2.2. No distrito xudicial de Pontedeume.

2.3. No distrito xudicial de Ortigueira.

Capítulo III. Eleccións de 1936 e referendo estatutario.

 

2ª PARTE. ALZAMENTO E REPRESIÓN  (1936-1939).

Capítulo IV. A sublevación.

4.1. Xustificación e cronoloxía.

4.2. Da resistencia ó triunfo do alzamento.

4.3. )Por que se perdeu Ferrol para a República?

4.4. Primeiros efectos da sublevación.

Capítulo V. O proceso represivo en Ferrol.

5.1. Procedementos represivos.

5.2. As prisións de Mariña.

5.3. A violencia diaria.

Capítulo VI. Os consellos de guerra.

6.1. Consideracións previas.

6.2. Descrición de sumarios.

6.2.1. Na Armada.

6.2.2.  No Exército.

6.3. Tipificación dos delitos.

6.4. Grupos profesionais afectados e procedencia xeográfica.

6.5. Características xerais das causas.

Capítulo VII. Sublevación e represión na comarca.

7.1. En Ortegal.            

7.2. En Narón, Neda e Fene.          

7.3. En Ares e Mugardos.             


7.4. En As Pontes.          

7.5. Na zona de Pontedeume.

 

3ª PARTE: ANÁLISE E VALORACIÓNS.

Capítulo VIII. Efectos da represión violenta.

8.1. Evolución cronolóxica do proceso represivo.

8.2. Incidencia dos procedementos represivos.

8.3. Características personais dos executados.

8.4. Procedencia xeográfica e método represivo.

8.5. Os lugares de execución.

8.6. Repercusión demográfica.

Capítulo IX. Conclusións.

 

NOTAS.

 

APÉNDICE.

1. Relación de executados por orde cronolóxica (1936-1939).

2. Listado de detidos preto do Concello ferrolán fusilados ou paseados.

3. Relación de presos na "Escollera" e no "Plus Ultra" executados sen xuizo en Ferrol.

4. A derradeira carta.

 


SIGLAS E ABREVIATURAS:

 

ARQUIVOS

AHN: Arquivo Histórico Nacional, Madrid.

AHPP: Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.

AMF: Arquivo Municipal de Ferrol.

ARG, FGC: Arquivo do Reino de Galicia, Fondos do Goberno Civil. A Coruña.

AXZMC: Arquivo Xeral da Zona Marítima do Cantábrico, Ferrol.

FPI: Fundación Pablo Iglesias, Madrid.

TMTC: Tribunal Militar Territorial Cuarto, A Coruña.

 

PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

ECG: "El Correo Gallego", Ferrol.

EO: "El Obrero", órgano da Agrupación Socialista de Ferrol.

LVG: "La Voz de Galicia", A Coruña.

LVO: "La Voz de Ortigueira".

 

PARTIDOS POLÍTICOS E SINDICATOS

CEDA: Confederación Española de Derechas Autónomas.

CGTU: Confederación General del Trabajo Unitaria.

CNT: Confederación Nacional del Trabajo.

CRG: Confederación Regional Galaica.

DRG: Derecha Regional Gallega.

FAI: Federación Anarquista Ibérica.

FP: Frente Popular.

IR: Izquierda Republicana.

JJ.LL.: Juventudes Libertarias.

JS: Juventud Socialista.

JSU: Juventud Socialista Unificada.

ORGA: Organización Republicana Gallega Autónoma.

PCE: Partido Comunista de España.

PG: Partido Galeguista.

PRR: Partido Republicano Radical.

PRRS: Partido Republicano Radical Socialista.

PSOE: Partido Socialista Obrero Espanol.

UGT: Unión General de Trabajadores.

UR: Unión Republicana.

 

OUTRAS

c.: causa.

CXM: Código de Xustiza Militar.

CPMG: Código Penal da Mariña de Guerra.

GC: Garda Civil.

 

1ª PAR­TE.  ANOS DE LIBERDADE: 1931-1936.

 


CAPÍTULO I. O PERÍODO REPUBLICANO EN FERROL.

1.1. Os partidos.

O PSOE contaba en Galicia con dous centros vitais: Vigo e Ferrol, sendo a desta cidade a Agrupación Socialista máis antiga da rexión (1891). Entre 1931 e 1936 na dirección socialista ferrolá figuran como presiden­tes ou secretarios: Modesto Baamonde, Marcial Fernández (empregado no Hospital de Mariña, Director Xeral de Carabineros na guerra civil), Francisco Jiménez, Alfonso Quintana (avogado), Vázquez Galán, Marcial P. Dapena... En 1936 os afiliados chegan ós douscentos.

Os socialistas contan con varios lugares de  xuntanza: o Centro Obreiro de Cultura, os vellos "Círculos Socialistas" de Esteiro e Canido -dous barrios obreiros- con 250 socios en 1936, e o creado en maio deste ano, o "Círculo Socialista del Centro", con 80 socios, presidido por Antonio Castillo, veterina­rio en Cedeira. O medio de prensa é o semanario El Obrero, Órgano de la Agrupación Socialis­ta Ferrolana y Defensor de la Clase Trabajadora, dirixido en distintos momentos por Marcial Fernández, Manuel Morgado, Ángel Mato e Xaime Quintanilla.

Ferrol mostra un peso especial na organización provincial do partido; a cidade é desde 1935 sé   da Federación de Colecti­vi­dades Socialistas da provincia, liderada por Xaime Quintanilla e Marcial Fernández, e tén ademáis dous deputados en 1936: o tipógrafo Edmundo Lorenzo e Pedro Longueira, de Juventud Socialista, mentras na comarca concéntrase o 45 % das agrupacións socialistas da  Coruña1.

Juventud Socialista Ferrolana (desde 1910) agrupaba ós militantes menores de 25 anos, que se reúnen no baixo da rúa Fermín Galán, 90. A súa liña política segue ó sector máis esquerdista, o de Largo Caballero, que promove unha actuación revolucionaria  e a unidade das forzas de esquerda.

En abril de 1936 decídese a unificación das xuventudes comunista e socialista. O comité da nova organización está presidido polo socialista López Chas, sendo secretario Venancio Pérez, comunista, e coa presencia do mestre Pedro Almazán, de FETE-UGT, na directiva. De 162 afiliados á organización, 125 proceden das ringleiras socialistas.

O Grupo Femenino Socialista é outra organización do PSOE, sendo Ferrol a única localidade galega onde se constata a súa presencia;  recupera actividade en 1933 cun comité que tén como secretaria a María Abella.  A Agrupación de mujeres contra la guerra y el fascio, con sé no Centro Obreiro, integra a socialistas e comunistas. 


A mediados de setembro de 1931  nace legalmente a asociación Radio Comunista del Ferrol, do PCE,  o seu impulsor é Guillermo Cedrón Gómez, dono dun almacén de tecidos na rúa Madalena, nacido en Ferrol, emigrante en Cuba,  masón e fundador da Sociedade de Instrucción Ferrol y su Comarca, que inviste o diñeiro dos emigrantes na construc­ción de escolas. O secretario da agrupación comunista en 1931 é Ángel Rojo2.  O partido organízase en comités de radio e en células. O primeiro comité xuntabase en Esteiro, no baixo da rúa San Fernando, 39, onde vive José Silva. Como conta G.Vidal (Paco Balón) 3:

Cuando se legalizó el Partido en Ferrol, se recibió una pequeña ayuda de dinero. Manolo, el del Cinema, y otros más se encargaron de arreglar el local del Partido. Lo pintaron, se hicieron unos bancos y una tribuna, se pusieron retratos de Lenin y Marx. Cuando empezó el Movimiento en Ferrol, el local fue destrozado y Manolo, como otros muchos, fusilado.

 

Os mozos militantes recadan fondos para Socorro Rojo Internacional, vendendo selos de 25 céntimos. O partido  tén implantación entre os obreiros dos asteleiros e entre cabos e mariñeiros da Armada, e fan charlas e reunións na praza de Amboage.

O Partido Republicano Democrático Federal tivo en Galicia gran actividade no s. XIX, pero na 20 República o seu papel é minoritario. En 1933, o seu presidente en Ferrol é Pedro Guimarey, escritor e bibliotecario do Centro Obreiro de Cultura, que tamén dirixe Renovación, subtitulado "semanario republicano de izquierdas".

A ORGA de Casares Quiroga, en 1932 Partido Republicano Gallego (PRG), tén como presidente en Ferrol a José López Bouza, oficial 11 no Concello, iniciado no sindicalismo anarquista en Bos Aires,  unha persoa moi estimada nos ambientes populares,  que dá clases en Canido a fillos de obreiros.

O Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) presenta como directivos en Ferrol a José R. Eiroa (logo en Unión Republicana) e Vicente Cenalmor (quen pasará ó Partido Radical de Lerroux). 

Izquierda Republicana (IR), nacida en 1934 da fusión de azañistas, radicais socialistas e os de ORGA, é liderada por José López Bouza. Editan o semanario IR, dirixido primeiro por Bouza e logo por Sánchez Rubiños; nel os seguidores de Azaña e Casares delimitan o seu campo político con estas palabras (7-6-1935):

A un lado los lerrouxistas, los católicos, los burgueses de tipo siglo XIX; al otro, los republicanos de izquierda, los socialistas, los defensores de todas las clases humildes.

 

IR en 1936 reúne  máis de cen afiliados, sendo López Bouza o presidente da Xunta da Fronte Popular  e da xestora da Deputación Provincial.


O partido do exradical Martínez Barrios, Unión Republicana (UR), formouse en Ferrol cunha xestora na que atopamos a Pedro Guimarey e Pedro Almazán do Partido Republicano Federal BAlmazán terminará no PCE-, José R. Eiroa e Ramón Ríos Sordo procedentes do PRRS, Fernando Carballo do PRR e Matías Usero Rey (exmilitante socialista). En 1936 UR contaba  na cidade con 85 afiliados. Outros militantes de UR exfederais son: Alfonso de Cal, avogado, que preside a agrupación ferrolá en 1936,  e o pintor José Antonio García.  O secretario da agrupación local é José R. Eiroa e as reunións teñen lugar no local do Ateneo, na rúa Canalejas, 15, baixo.

Dentro dunha opción republicana centrista, cunha militancia interclasista (funcionarios, labregos, artesáns, mariñeiros...), na que destacan o número de mozos, estaría o Partido Galeguista, fundado en 1931, caracterizado polo seu programa de creación dun estado galego. En Ferrol, un primeiro Grupo Galeguista, con 25 afiliados en 19364, fúndase en agosto de 1932 presidido por García Pereira, antigo compoñente das Irmandades da Fala, poeta, novelista e dramaturgo. Outros ferroláns da Irmandade  local creada en 1917, como Xaime Quintanilla e Luis Peña Novo,  quedan fóra do proxecto nacionalista. Ricardo Carballo Calero sustitue a Pereira á fronte do grupo en xaneiro de 1934. Nestes momentos debe figurar como secretario das mocidades do partido Torrente Ballester.  Entre os afiliados en 1936, encontramos oito empregados, dous industriais, un comerciante, un mestre, un chófer, un practicante, un estudiante e dous mecánicos. Cale­ro, con 25 anos, funcionario no Concello ferrolán, será o encargado de defender na IV Asamblea Ordinaria do partido, en abril de 1935, a proposta da executiva galeguista de busca-la alianza coa esquerda, entrando o PG na Fronte Popular pero a costa da escisión da dereita galeguista. Calero é en 1936 membro do Consello do PG, e como compromisario para a elección de Presidente da República o seu voto será para  Azaña. Despois sorpréndelle o alzamento en Madrid, onde se presenta a oposicións de ensino medio, mentras o seu amigo Torrente  está en París gracias a unha beca da Universidade de Santiago. Torrente, con 26 anos, está casado e con dous fillos; ó seu regreso a familia comunícalle que o seu nome  aparece en listas de persoas a eliminar, polo  que acude a un frade mercedario (o pai Fermín, profesor no colexio Tirso de Molina, ó que asistira Torrente) en busca de protección e este dille que entre en Falange. Calero, pola súa parte, acadará o grao de tenente no exército que defende á República.

O Partido Republicano Radical (PRR) de Lerroux, defensor da ortodoxia  liberal, da ideoloxía burguesa,  fronte á política socializan­te doutros grupos republicanos, que o leva na práctica ó acordo coa dereita, tén en Ferrol como directi­vos a Segundo Cotovad, alcalde en 1934, e ó comerciante Vicente Cenalmor. É un dos principais grupos políticos da cidade, con máis dun cento e medio de afiliados.


A CEDA integra en Galicia a varias organizacións; Derecha Regional Gallega en Ferrol está dirixida por Pardo Atín e o avogado Pérez Barreiro, candidato a deputado en 1933 e 1936. A constitución oficial da DRG de Ferrol, en novembro de 1931, estivo presidida por Pardo de Atín,  Javier Casares Bescansa (médico de Mariña), E. Montenegro (catedrático de Instituto) e Antonio Vázquez Permuy (militar), todos eles de gran influencia local nos círculos conservadores e católicos.

En 1932  fórmanse seccións femininas dentro de DRG con mulleres das catequeses de Acción Católica.

Renovación Española, de Calvo Sotelo, quen representa a opción antirrepublicana, conta cun concelleiro en 1936. O  3 de febreiro  dese   ano, en plena campaña electoral a Cortes, o seu líder dá un mitin no teatro Jofre defendendo a restauración monárquica:

Ayer, en La Coruña, traté de las formas de Gobierno, que, por razones históricas y espirituales ha de ser la Monarquía. La Monarquía, porque la República ha cumplido su fin, sea esta o la del 14 de abril 5.

 

Falange tén en Ferrol cerca de 150 afiliados antes do alzamento, a maioría simples cotizantes; corenta militantes de segunda liña e uns  vinte  forman unha forza de choque, destinada a  enfrontarse a esquerdistas e republicanos.

A violencia entre partidos provoca a morte do obreiro Antonio Gundín, do Sindicato de Transportes de CNT, en xuño de 1935, polo ataque con navalla dun xove fascista que será condenado a tres anos de prisión, dos que só cumpre cinco meses. O órgano da FAI, Brazo y Cerebro, editado en A Coruña, protesta por este feito. O autor da morte é fillo dun consignatario de buques ferrolán,  morto nun atentado en 1921. En novembro do mesmo ano o socialista Cipriano Calvo é ferido por disparos dun grupo do partido fascista. Tamén en 1935 son denunciados os mozos de esquerda Manuel Castro Lendoiro e Manuel Montouto, por insultar e ameazar a un de Falange; Calvo, Castro e Montouto serán víctimas da represión tralo alzamento.

 

1.2. Sindicatos e outras sociedades.


A Federación Local de UGT ferrolá chega a contar na República con  trinta    e seis seccións; a de maior importancia polo número de afiliados é La  Naval. Asociación Obrera de la Construcción Naval, que en 1932 tén 1.700 asociados. Coñecemos o número de afiliados dalgunhas organizacións sindicais ugetistas de Ferrol6: Empleados y Obreros del Arsenal (130); Carreteros (15); Sociedad  de Electricistas (85); Agrupación de Obreros y Empleados Municipales (180); Asociación de Maestros Pianistas y Profesores de Orquesta (116); Acomodadores (48); Sociedad de Agentes de Comercio e Industria (25); Sociedad de Descargadores del Puerto (30), Sociedad de Confiteros y Pasteleros (12). O total de afiliados en 1936 a UGT na cidade sería de 3.500.   A Federación Comarcal de Sociedades Obreras y Agrícolas de UGT (cinco mil afiliados) con sé no Centro Obreiro, tén como directivos a Antonio Santamaría e Teijeiro Williman.

A Federación de Sindicatos Únicos de Ferrol y Comarca (CNT) contaría no período republicano coas seguintes organizacións: Sindicato Único del Ramo de la Edificación, S. U. del Ramo del Transporte, S. U. de la Alimentación, Sindicato General de Trabajadores de la Industria Naval, fundado por Abella, Álvarez e Mario Rico en 1931, con 1.450 afiliados en 1936; Sindicato Único del Ramo de Higie­ne, S. U. del Ramo del Vestido, S. U. de Obreros y Empleados Municipales, S.U. de Camareros e o Sindicato Único de Oficios Varios de Ferrol y Sus Contornos (122 asociados).

En 1932 a CRG (Confederación Rexional Galaica) de CNT celebra en Ferrol un plenario con representantes de 120 sindicatos que reúnen  máis  de 32.000 afiliados de Galicia. Da comarca ferrolá están representadas dezaseis sociedades, que encarnan a tres mil traballadores, o 50 % pertencen á construcción naval:

 

TÁBOA I

 

SINDICATOS DA COMARCA NO PLENO DA CRG.

(FERROL, 1932).

 

Sindicatos

Localidade

Afiliados

Porcentaxe

 

Ramo do Vestido

 

Ferrol (11 socs.)

 

   70

 

2'30

 

Industria Naval

 

 

 

1.500

 

49'43 

 

Choferes

 

 

 

   95

 

3'13

 

Profesións Liberais

 

 

 

  24

 

0'79

 

Cociñeiros e Camareiros

 

 

 

  60

 

1'97

 

Ramo Edificación

 

 

 

  --

 

--

 

Mariñeiros

 

 

 

  60

 

1'97

 

Transporte Marít. e Terrestre

 

 

 

 160

 

5'27

 

Cargadores

 

 

 

  80

 

2'63

 

Mozos Comercio

 

 

 

  80

 

2'63

 

Barbeiros e Perruqueiros

 

 

 

  31

 

1'02

 

Traballadores

 

Pontedeume

 

365

 

12'03 

 

Unión Marítima

 

Fene

 

180

 

5'93

 

Ramo Construcción

 

Cedeira

 

110

 

3'62

 

Pescadores

 

Mugardos (2 socs.)

 

160

 

5'27

 

Carpinteiros

 

 

 

 59

 

1'94

 

 

TOTAIS (16 sociedades)

 

 3.034   

 

100

(Elaboración propia a partir dos datos de D. Pereira7).


As reivindicacións da CRG concrétanse na implantación da xornada laboral de seis horas, a liberación de todo tipo de gravame sobre as terras de labregos e a expropiación dos grandes  patrimonios sen indemnización.

No segundo semestre de 1931, a rivalidade  entre UGT e CNT  maniféstase entre os descargadores dos peiraos dun e doutro sindicato, que se disputan a estiba dos barcos. Os laudos do ministerio de Traballo favorecen ós afiliados á UGT, pero os de CNT ameazan ós armadores con boicotear os seus barcos noutros portos se en Ferrol son descargados por ugetistas.

Entre os sindicalistas destacaban  Mario Rico Cobas, encadrado no sector moderado da CRG, que actúa como corresponsal do diario CNT de Madrid, e que en abril de 1936 funda con outros traballadores da naval o Partido Sindicalista en Ferrol, que propón unha loita política nas institucións.

O diario anarquista  recolle en xullo de 1933 a represión exercida sobre sindicalistas ferroláns8:

Mañana, día 4, se verá en la Audiencia de La Coruña la causa que se sigue a los camaradas de El Ferrol, Ovidio Abeledo, Jesús Rodríguez, Manuel Ardao y Mario Rico, por supuesta colocación de explosivos y daños en un garaje de un pueblecito cercano a El Ferrol.

A pesar de no haber prueba ninguna acusatoria y sí unos simples indicios (según el juez), la petición fiscal es de veintidós años, dos meses y veintiún días para cada uno.

 

Aparte dos sindicatos hai  que mencionar outras organizacións. Un destacado anarquista, Francisco Iturralde, funciona­rio de Correos,  funda o 1 de Maio de 1932 unha  Escola Racionalis­ta, financiada con aportacións de socios. A escola, única en Galicia, tén como profesor a Matías Usero Rey e a súa pedagoxía seguía os métodos de Ferrer Guardia: respecto á liberdade do alumno, supresión dos castigos e da aprendizaxe memorística. As clases eran gratuitas para fillos de parados, e o funcionario de Telégrafos ensinaba ciencias ós milita­res. O centro tiña uns trescentos socios e 130 alumnos.

Iturralde era colaborador na publicación Brazo y Cerebro, da FAI, que defendía postulados radicais dentro do anarquismo.

Outra organización ácrata en Ferrol son as Juventudes Libertarias.


A participación social dos cidadáns de Ferrol nos anos  trinta complétase coa presencia de entidades masónicas nas que se integran militantes de diferentes partidos, sobre todo republicanos e socialistas. O 7 de abril de 1931, a unha  semana da proclamación da República,  constitúese a loxia Francisco Suárez n1 10, que tén nos seus estatutos obxectivos filantrópicos: difundi-la educación, practica-la caridade  e o socorro mutuo entre os afiliados, velar  pola liberdade civil e de conciencia, e polo perfeccionamento da humanidade  a través da ciencia. En 1934, o cadro lóxico desta asociación do Grande Oriente Español conta con nove membros9: catro mecánicos de profesión, dous funcionarios, un comerciante, un médico e un encadernador. Recoñecemos entre eles a López Bouza, de IR, e ó concelleiro  socialista Vázquez Galán. A loxia contaba con  trinta  e seis membros en 1932, cando dirixen unha  estensa carta a Azaña, presidente do Goberno, e a Casares, solicitando obras de construcción naval para os asteleiros da cidade.

Noutras  loxias son numerosos os membros militares;  máis  de oitenta están inscritos en grupos masóns segundo un informe da GC da  Coruña,  catro veces o número de civís.

A  loxia  Atlante n11 está ligada a un proxecto de uni-la masonería dos portos de Ferrol, Cartagena e San Fernando, e nela é destacado orador o exsacerdote Matías Usero, que recibía o nome simbólico de Juan de Huss, en recordo do reformador checo Jan Hus. Este activo ferrolán   participa tamén na  loxia  Breogán n116, composta por vintiseis membros, case na súa totalidade  da Armada: maquinistas, auxiliares de máquinas, auxiliares de artillería, torpedistas, electricis­tas... Fóra de Ferrol hai  grupos de masóns en Ares, Pontedeume e Mugardos.

Ó conxunto de organizacións políticas e sindicais da II República en Ferrol temos que engadir asociacións co obxectivo de dinamiza-la vida cultural. Xa  mencionamos ó Centro Obreiro de Cultura, fundado en 1911 polos socialistas, que organiza conferencias, excursións, e conta  cunha das mellores bibliotecas de Galicia, con quince mil exemplares.  Outra institución cultural importante é o Ateneo, na rúa Canalejas (hoxe Madalena), 149. Conferenciantes de tódalas ideoloxías pasan polo seu local, alí Rodrigo Sanz fala sobre espiritismo, o mesmo  Sanz e Carballo Calero disertan sobre o Estatuto de Autonomía; Matías Usero, sobre as relixións do mundo e a relixión da humanidade; Mario Rico, secretario local de CNT, sobre sindicalismo; Guillermo Cedrón, sobre comunismo, e Jesús Suevos, dirixente falanxista, un dos últimos conferenciantes en 1936, fala sobre literatura francesa nun acto que grupos de obreiros intentan boicotear con berros desde fóra do local.

 

1.3. O  enfrontamento político.

Trala decisión do consello   de Ministros de primeiros de marzo de 1931, presidido polo sucesor do xeneral Berenguer, Juan B. Aznar, de celebrar eleccións municipais  en todo o país o domingo 12 de abril, lévanse a cabo en Ferrol  cun censo que supera os 35 mil habitantes, que elixen a 33 concelleiros. Os resultados significan a victoria dos republicanos e socialistas, con clara avantaxa sobre os monárqui­cos:

 

TÁBOA II

 

ELECCIÓNS MUNICIPAIS EN FERROL (12 DE ABRIL DE 1931)

 

 

Filiación                         

 

N1 edís 

 

%

 

Votos 

 

%

 

SOCIALISTAS

 

13

 

39,4

 

6.759

 

47  

 

REPUBLICANOS (7 radicais, 5 de

ORGA e 1 independente)

 

13

 

39,4

 

6.281

 

43,7

 

MONÁRQUICOS (4 liberais e

3 demócra­tas)

 

 7

 

21,2

 

1.346

 

  9,3

 

TOTAIS

 

33

 

100   

 

14.386

 

100  

(Elaboración propia a partir de datos de G. Llorca10).

Os socialistas acadan en Ferrol a maior porcentaxe de representantes de tódolos concellos galegos. O socialista Morgado e o republicano independente López Otero son os edís  electos con maior número de votos no municipio: 731. Os monárquicos non superan os trescentos votos. A diferencia entre os partidarios do novo réxime e o monárquico tradúcese en 11.694 votos e 19  concelleiros a favor da República.

Nas primeiras horas da tarde do histórico martes 14 de abril, como na maior parte de España, son as noticias que chegan de Madrid, que anticipan a proclamación oficial da República, as que provocan a celebración dunha    entusiasta manifesta­ción que parte do Círculo Republicano, en Canalejas, e se dirixe ó edificio do Concello, no Cantón de Molins. Desde o balcón do palacio municipal falan ós manifestantes tres militantes  socialistas: o avogado Alfonso Quintana, o médico Jaime Quintanilla Martínez  e  Matías Usero Rey, quen comunican a proclama­ción do novo  réxime e chaman ós cidadáns a mante-la tranquilidade  e a orde. Son as 6 da tarde  e o cambio  político faise ostensible co ondear das bandeiras republicana e galega. Bandas de música súmanse á manifestación polas rúas e prazas de Ferrol, que se percorren entoando a Marsellesa e o Himno de Riego.

Ás nove os concelleiros posesiónanse dos seus cargos e elixen a Quintanilla como alcalde interino nunha primeira sesión plenaria que se estende ata as dúas e media do 15.  Noméase un comité executivo municipal e descólganse os retratos de Alfonso XIII e do xeneral Martínez Anido. Respétase, sen embargo, o do ferrolán Canalejas. Son situadas nun  lugar preferente as bandeiras vermella e republicana, e os retratos de Pablo Iglesias e Francisco Suárez, alcalde federal en 1868, así como os dos capitáns Galán e García Hernández. O retrato da ferrolá Concepción Arenal é colocado na presidencia do salón de plenos. Á unha da mañá do 15 chega a confirmación do cambio de réxime.

Entre as primeiras decisións das novas autoridades establécese  a celebración de plenos os sábados ás 6.30 da tarde para facilita-la asistencia de tódolos cidadáns.


O 19 de abril constitúese a nova corporación municipal. O  médico cirúrxico  Xaime Quintanilla é elixido con 24 votos como o primeiro  alcalde republica­no de Ferrol. O goberno da corpora­ción quedará formado por socialistas e militantes do Partido Republicano Radical de Lerroux­: Xaime Quintanilla Martínez (PSOE), alcalde; tenentes de alcalde: S. Cotovad Díaz, PRR;  E. Lorenzo Santiago, PSOE;  F. Pérez Lago, PRR; J. Vázquez Galán, PSOE; R. Castro López, PRR; M. Morgado González del Valle, PSOE; E. París Gómez, PRR;  A. Santamaría López, PSOE; e como síndicos: M. Ruíz de Cortázar, ORGA, e Mejuto Fernández, PSOE.

As palabras de Quintanilla na súa posesión son:

En estos momentos en que el pueblo español ha logrado barrer la putrefacta y maldita monarquía española, nuestro primordial deber es consolidar a República; para ello requiero el concurso, el entusiasmo y la constancia de todos los ciudadanos.

Desde este puesto no tengo porque ocultar mi significación, por el contrario he de proclamar con claridad mi posición como socialista y mi identificación con las aspiraciones de la clase trabajadora, de la cual estoy seguro que podemos esperar sea el sostén más firme del nuevo régimen, implantado por la voluntad soberana del pueblo.11

 

Agora unidos radicais  e socialistas, axiña os lerrouxistas e os de Pablo Iglesias enfrontaranse dialécticamente, acadando o grao máximo de tensión política en outubro de 1934. A maior parte dos seus choques en 1931 e 1932 refírense  a temas relixiosos, como a supresión do posto de capelán do cemiterio de Canido, que viña desempeñando Francisco Suárez Nieto con cargo ó presuposto municipal. Os socialistas mostraban así o seu talante anticlerical e en principio a medida, de xuño de 1931, foi apoiada polos concelleiros do Partido Radical, que cambiaron de actitude en menos dun ano; o capelán sería restituido no cargo en outubro de 1934. Outras medidas foron a prohibición municipal de conducir a pé os cadáveres ó cemiterio -co fin, dise, de evitar o triste espectáculo-, a venda dos  obxectos de culto da capela e un imposto polo toque de campás. Estas disposicións provocan a denuncia de sectores tradicionais  diante do Goberno Civil, que suspende de funcións á corporación entre maio e xuño de 1932.

Dous problemas atenazan a vida económica de Ferrol e comarca na primeira metade dos  trinta: a importación de carne conxelada de Uruguay, que establecía unha  forte competencia coa producción cárnica galega, e o paro obreiro derivado da falta de traballo nos asteleiros. Na cuestión gandeira a dereita pedía a derogación do tratado co país sudamericano, mentres o concelleiro   socialista Santamaría propuxo en 1933 unha  alternativa: que se prohibira a importación de gando americano vivo e que se abaratase ós gandeiros galegos a importación de forraxes e millo.


A crise da producción naval afectaba de cheo á vida económica de Ferrol; a preocupación principal da sociedade  ferrolá era a falla de traballo nos asteleiros. No Concello  facultouse á Alcaldía, nun  acordo plenario de outubro de 1932, para sufraga-los gastos da viaxe dunha comisión de obreiros da Constructora Naval a Madrid, co fin de realizar xestións para traer traballo á cidade. En 1932, en plena celebración da festa do11 de maio, no teatro Jofre faise unha   Aasamblea  magna pro- traballo@, convocada  polos dous grandes sindicatos da construcción naval ferrolá:  o Sindicato Xeneral de Traballadores da Industria Naval, de CNT, e a Asociación Obreira La  Naval de UGT. Interveñen varios dirixentes políticos locais: Carlos Pérez Fachal (republicano entón, en 1936 militante comunista), Guillermo Cedrón (comunista), Matías Usero (socialista) e Mario Rico (CNT), que  "fustiga ó goberno da República, que ó igual que os anteriores, presta escasa atención ós problemas que afectan ó pobo de Ferrol. Alude ó capitalismo local que pola súa apatía deu lugar a que Ferrol viva exclusi­vamente do erario nacional"12. En 1933 un Comité de Defensa de los intereses de Ferrol y su Comarca -no que forman o Concello, a Cámara de Comercio, a Asociación Patronal, sindicatos e partidos- solicita ó ministerio de Mariña  a realización de carenas de buques, reparacións dos acorazados, e terminar os cruceiros ABaleares@ e ACanarias@, co fin de evita-lo peche do asteleiro. No verán de 1934 corren constantes rumores do peche da Constructora Naval, e unha  sesión extraordinaria do Concello  pide que a construcción de barcos de guerra se asigne só a asteleiros militares.

Desde principios de 1933 a oposición radical ó goberno municipal socialista medra, desde febreiro deixan de asistir ás sesións plenarias xustificando esta actitude en supostas irregularidades administrativas. Os meses seguintes, ata as eleccións a Cortes de novembro, estiveron caracterizados polo continuo  enfrontamento dialéctico entre as dúas forzas. A candidatura de dereitas será a vencedora en Ferrol nesas eleccións, pero a moi pouca distancia dos socialistas, seguidos, xa lonxe,  pola coalición dos radicais  e o Partido Republicano Galego.


O ascenso ó Goberno de Madrid dos radicais co apoio da CEDA era un notable golpe para as aspiracións de transformación social do PSOE desde as institucións republicanas. A dereita entendeu que a victoria electoral de novembro de 1933 era a oportunidade  para desmonta-las reformas do Goberno republicano socialista. Os patróns celebraron o cambio de goberno baixando os salarios e despedindo a sindicalistas. A lexislación laboral foi deixada de lado, endurécense as condicións de vida da clase traballadora e existe unha maior represión na actividade  da esquerda; unha  circular da Federación de Sociedades Obreras y Agrarias de Ferrol y su Comarca, asinada polo seu presidente, Antonio Santamaría, e polo secretario, Teijeiro Williman, fala en febreiro de 1934 de Amomentos graves de persecuciones que atraviesan muchos de nuestros militantes, con tendencia a aumentar@13, polo  que promove unha suscrición de axuda para os despedidos ou detidos. A reacción a este estado de cousas no Partido Socialista será a radicalización e o triunfo das teses revolucionarias de Largo Caballero. A dirección socialista virou a unha retórica revolucionaria co fin de meter medo á dereita para que contivera o seu reaccionario programa e para presionar ó Presidente da República para que convocase novas eleccións. Neste sentido pódese entender a mobilización de outubro de 1934.  A Agrupación Socialista de Ferrol non é unha   excepción nesta actitude xeral no PSOE. Rexéitase agora calquera pacto co republicanismo de centro e só cabe achegarse ás demáis  forzas proletarias; o PSOE pretende ser a organización que integre a tódolos grupos proletarios e para iso formula a creación das Alianzas Obreiras, excluindo ós partidos burgueses. Apóstase  pola insurrección popular como medio de acceder ó socialismo. En maio de 1934, a UGT ferrolá, a través do seu presidente  Santamaría, propón a Alianza Obreira ó resto das organizacións de esquerda. As finalidades do pacto son: a defensa antifascista, o mantemento das conquistas obreiras, e  como   obxectivo   final   o establecemento da República Socialista Federal14:

Considerando, que las fuerzas de la burguesía realizan por todos los medios posibles su fusión para dar la batalla al proletariado en su acción reivindicadora de clase. (...) las organizaciones proletarias de todas las tenden­cias, tienen el ineludible deber que les impone el categórico imperativo del momento histórico de llevar a efecto las siguien­tes consignas:

a) Mantenimiento y defensa de toda conquista democrática del proletariado.

b) Imposibilitar por todos los medios el desarrollo y la actividad del nacionalismo fascista.

c) Preparar una acción revolucionaria, valiéndose de todos los resortes y elementos que se nos ofrezcan para poner al proletariado en condiciones de dar la batalla definitiva, a la reacción y a la burguesía.

d) En el momento que las circunstancias nos sean propicias establecer la República Socialista Federal.

Así chega  outubro do 34,  cando  a facción predominante na agrupación ferrolá chama á folga xeral a través de UGT. Ferrol vai ser o principal foco revolucionario de Galicia. A simpatía dos integrantes socialistas do concello  a un intento revolucionario nunca foi desmentida, e incluso uns días antes de que tivera lugar, a Policía e a GC procederon a un rexistro das dependencias municipais  en busca de armas.


En España a  folga foi declarada o  venres   5 de outubro polo PSOE e a UGT, como resposta á entrada de tres ministros da CEDA no Goberno. Parece evidente que non existía unanimidade nos fins. Dentro do Partido Socialista para os seguidores de Prieto trátabase dunha   proba de forza    para conseguir da Presidencia da República un goberno republicano-socialista, os de Largo Caballero buscaban unha  auténtica revolución.  En Galicia o paro foi secundado sobre todo por UGT de Vigo e Ourense. Houbo desigualdade no seguimento da  folga  e en A Coruña, cidade de influencia anarquista, o paro foi menor do esperado; en Ferrol o colapso laboral foi total, mentres que en Santiago só parou a construcción. Os obreiros do Correo Gallego, afiliados a UGT, secundan a  folga  e impiden a publicación do periódico ferrolán entre o 6 e 10. O sábado 6 forzas de artillería -do rexemento de costa n1 2- deteñen a un grupo de socialistas que intentan impedi-la entrada de labregos con productos para o mercado e a venda de xornais. Comercios e bares abren as portas, pero son atendidos polos donos, xa  que dependentes e camareros seguen a  folga. Na  Constructora Naval entran ó  traballo os empregados de oficinas e un curto número de obreiros, e ameázase co despido ós obreiros que falten.Os tranvías son conducidos por persoal da Armada. Nos  enfrontamentos morren tres persoas por arma de fogo: o dirixente ugetista Ángel Mato,  mestre do Seixo-Mugardos, nun  tiroteo con gardas de seguridade  dos asteleiros   no intento de explosionar un transformador eléctrico; un empregado de banca, por disparos de soldados artilleiros, e un garda de seguridade. Arden dúas igrexas, estalan artefactos na estación do ferrocarril e nun café. Ó final son detidas  máis  de dúascen­tas persoas da comarca que enchen o castelo de San Felipe; a maioría son socialistas, pero hai comunistas como Cedrón e Silva Fernández, e anarquistas como Rico e Luis Abella.

As detencións de militantes do PSOE afectarán ós cargos públicos, de maneira que en 1935 dos once concelleiros de Ferrol  dese   partido tres están pendentes de cumprir condena e tres  máis  detidos Agubernativamente@. En xaneiro  dese ano o concelleiro   socialista Francisco del Río presenta unha    moción co fin de que se aprobase polo pleno subvenciona-la alimentación dos detidos en San Felipe. Desde a Executiva de UGT en Madrid  inténtase tamén axudar  ós presos; a AComisión Pro-Presos@do sindicato entrega catro mil quinientas pesetas para ese fin e cifra en 130 os afiliados de Ferrol detidos.


O   consello   de guerra que xulgará a quince dos implicados, considerados como dirixentes da insurrección de outubro, tén lugar en Ferrol na Sala de Xusticia da Base Naval o  12 de febreiro de 1936, a  catro días das eleccións a Cortes, que téñen lugar o domingo 16. Preside o tribunal o tenente  coronel da comandancia de obras e fortificacións da cidade M. Blanco e actúan como vocais  tres capitáns do rexemento  de infantería de Mérida, un da comandancia de obras, e outro de artillería. As peticións do fiscal, un tenente  auditor, son bastante duras: solicita reclusión perpetua para o brigada de artillería Febe Sánchez, o xefe da policía municipal Santalla, e os concelleiros socialistas Quintana, Santamaría, Morgado e Santamaría Mendiola, así como quince anos para os restantes e a clausura das sociedades comprometidas nos autos. Finalmente as peticións fiscais  son rebaixadas no fallo e son absoltos Quintana, Lorenzo, Leira, Jiménez, Urgorri e o brigada, pero a sentencia condena a  vinte    anos de reclusión a Antonio Santamaría e  a quince a Manuel Morgado. Na sentencia15 dase como  probado que desde o 5 de outubro de 1934 Atuvo lugar en distintos lugares del territorio español un alzamiento en armas contra el Gobierno legítimo en el que gran número de paisanos intentaron cambiarlo por otro  más  conforme con su ideología política@, e que  militantes do PSOE ferrolán, en particular Santamaría, viñan preparando o movemento revolucionario na cidade desde o verán. O concelleiro  Morgado sería o que Aorganizó unos grupos llamados de defensa cuyo  objeto era incendiar los templos, atacar o cuartel de la Guardia Civil y apoderarse de los Centros Oficiales, Telégrafos, Teléfonos y conducciones de fluido eléctrico@, pero o fallo non expresa que os  feitos chegaran a producirse.  Ademáis   ós procesados se lles imputou:

-Antonio Santamaría: interviu na compra de explosivos e armas.

-Manuel Morgado: interviu no transporte de armas e explosivos.

-Pablo Santamaría Mendiola, fillo do primeiro: era xefe dun dos grupos e explicou ós compoñentes o manexo de armas. Condenado a seis anos, coma os seguintes.

-Francisco López Chas, empregado no concello, de Juventud Socialista: xefe dun grupo, interviu no transporte de botellas de líquido inflamable.

-Manuel Cobelo: xefe de grupo, interviu tamén no transporte de armas.

-Antonio Vázquez: xefe de grupo.

-Enrique Caruncho, empregado: preparou botellas de líquido inflamable e interviu no transporte de bombas.

-Domingo Serantes,  mestre, concelleiro   socialista de Serantes: recibiu cartuchos de dinamita.

-Manuel L. Gende, electricista: xefe de grupo, deu a Serantes dúas pistolas.

-Ángel L. Santalla, xefe da policía municipal: excitou repetidas veces ós gardas ás súa ordes para que non reprimisen os actos dos revoltosos. Condenado a dous anos por pasividade  ante os sucesos.

-Brigada Sánchez: entregou un fusil e varios cartuchos a Pablo Santamaría. Absolto por non constar que Pablo utilizase o fusil nin que ese militar coñecera a preparación do movemento.


Os actos realizados e as intencións que se citan constitúen para o  consello un delito de conspiración para cometer rebelión militar, aplicando o  artigo 241 do Código de Xusticia Militar de 1890, e o seu  obxectivo era Aimplantar la dictadura del proletariado@. Sen embargo, o avogado defensor de Santamaría, Morgado e doutros acusados, José Andrés Manso, deputado  socialista fusilado tralo levantamento de 1936,  afirma na vista da causa que se en outubro de 1934 existiu un movemento insurreccional en diferentes rexións españolas, singularmente en Asturias, o que se produxo en diversas cidades e pobos non tén por que  ter  conexión con esa rebelión localizada. O defensor nega a existencia dun movemento revolucionario en Ferrol: Aporque en Ferrol no se produjo mas que una huelga  general@, e nega   ademáis   que os actos atribuidos ós procesados estiveran destinados a colaborar co movemento asturiano. Afirma que o fiscal carece de probas para acusar a Antonio Santamaría de ser o dirixente  dese   suposto plan revolucionario e que tan só se basea en rumores. O avogado defensor nega  a intervención de grupos de choque na  folga  xeral, ós procesados -di- Ano se les imputan  hechos concretos en relación con actividades revolucionarias llevadas a la práctica: Se les procesa por propósitos, por intenciones@ 16.

Existe un documento que incide na versión de que os socialistas ferroláns non chegaron a realizar atentados. Trátase do que recolle as respostas de Ferrol a un cuestionario17 enviado a tódalas zonas  pola Comisión Executiva de UGT en decembro de 1934:

10.- )En que día y hora recibisteis, en el mes de octubre, el telegrama convenido?

20.- )Llegó dicho telegrama al conocimiento de todos los elementos responsables de  ésa?

30.- )Qué hicisteis una vez recibido el telegrama?

40.- )En qué momento y por qué causa disteis por terminada vuestra gestión?

50.- )Teníais pendiente de recibo algún encargo cuyo pago no hubieseis satisfecho?

10.- El día 4 de octubre de 1934, a las diez de a noche.

20.- Se puso en conocimiento de todos los responsables.

30.- Se estudió la situación. Por carecer de medios ofensivos o por tenerlos escasísimos ante las fuerzas del Estado, que suponían unos tres mil hombres, sin incluir las fuerzas de orden público, se desistió de todo intento de asalto, conviniendo en declarar la huelga general, que se llevó a cabo.

40.- Entre los días 7 y 8 fueron detenidos a mayoría de los elementos responsables; los otros lo fueron días después. El fracaso del movimiento de Cataluña desmoralizó  a la gente. También contribuyó a esto el hecho de que la Dirección de la Constructora, empresa  alrededor de la cual gira casi toda la vida económica del pueblo, puso unos avisos en las puertas diciendo que el que no se presentase al trabajo, quedaba despedido. Esto obligó a que los responsables que aún quedaban en libertad, diesen por terminada la huelga el día 9 del mismo mes.

50.- No.

 

Un grupo de militantes mal armados non podía tomar unha  cidade militarizada como Ferrol, polo  que se optou  pola declaración de folga con  feitos violentos -cortando o suministro eléctrico, por exemplo- para alterar a orde e promover o paro laboral.


As consecuencias de outubro do 34 van ser variadas. Algúns dos  xulgados na causa 310/34, concretamente: Morgado, Jiménez, López Chas, Caruncho, Santamaría Mendiola e Gende, e outros detidos, serán fusilados ou paseados tralo 18 de xullo de 1936. Entre os apresados, non só en Ferrol, senón en Serantes -onde foron encarcerados o alcalde Porto Leis e o xuíz municipal-, e en Pontedeu­me, Ares, Cedeira e Cariño, están  militantes socialistas, comunistas e de CNT, e incluso militares: unha ducia de auxiliares e cabos do cruceiro "Almirante Cervera"  son detidos entre outubro e novembro de 1934.

Outubro do 34 terá como consecuencia inmediata a paralización temporal da actividade  sindical e política dos socialistas, ó ser ilegalizadas  ata  abril de 1935 as organizacións de UGT e as agrupacións do partido -as xuventudes e o grupo feminino- e a suspensión de El Obrero, que reaparece en abril de 1935, pedindo en portada a amnistía para os presos.

En Ferrol interviron na represión de outubro membros da GC -como o tenente  Suances, que en1936 terá un papel relevante na represión- e o rexemento  de artillería de costa n1 2. Oficiais de artillería formarán nos   consellos de guerra. Así narra  El Correo Gallego18 os AImportantes servicios de la Benemérita@:

El capitán de la Guardia civil don José Leseduarte González y el teniente del benemérito Instituto don Victoriano Suances, tuvieron noticias de que algunos elementos extremistas residentes en la villa de La Graña, tenían armas en su poder. Inmediatamente salieron para dicho punto fuerzas de la Guardia civil y con motivo de las pesquisas realizadas detuvieron a Manuel Mosquera Ogando, de 18 años, (...), a quien hace días se le buscaba para su detención. Este individuo fue sometido a un estrecho interrogatorio manifestando que su convecino Antonio Vázquez Díaz poseía diversas armas y que las tenía escondidas en su casa. La Benemérita procedió a registrar el domicilio del Antonio comprobándose que la denuncia de Manuel Mosquera era cierta. (...) También fueron detenidos por la Guardia civil, los vecinos de La Graña, Salvador y León Vez, Jesús Bueno, José Hermida alias AVarela@ y Antonio Niebla.

 

O obreiro da construcción naval Mosquera e os irmáns Vez Vales serán pasados polas armas en 1936.

A corporación municipal en outubro de 1934 estará presidida polo comerciante Segundo Cotovad, do Partido Radical, que xa actuara como Adelegado gubernativo@ nos días da  folga , sendo destituidos por orde do Gobernador Civil o 9 de outubro o alcalde Quintanilla, os tenentes de alcalde Santamaría, Morgado e Vázquez Galán, e algúns concelleiros  socialistas, por Aabandono de funciones y deberes y participación en los sucesos@19. Entran na nova corporación ferrolá  por mandato do Goberno Civil once edís interinos: sete radicais  e  catro de DRG-CEDA.


O revisionismo vai  ser a bandeira da nova corporación con  maioría de dereitas, xa que só quedan na Corporación cinco concelleiros socialistas e  catro de UR.

Tamén en Ares, Mugardos, Pontedeume e Serantes o Goberno Civil destitúe a concelleiros elixidos por votación popular, sendo sustituidos por radicais e cedistas. Os alcaldes de Ferrol, Pontedeume, Ares e Serantes serán desde outubro de 1934 militantes do Partido Republicano Radical.

Outra das consecuencias de outubro do 34 foi a radicalización da dereita galega que proclama o uso da forza ante a demostración de que a esquerda non desexa o consenso político. Así, desde os seus órganos de difusión solicítase unha forte intervención quirúrxica. Incluso propónse a idea de que se formara unha milicia, adestrada  pola Garda Civil, co fin de que o Aperigo marxista@ non collera outra vez despistados ós conservadores. Configúranse grupos paramilitares a finais  de outubro. En Ferrol un destes grupos foi organizado directamente por Derecha Regional Gallega.

Trala victoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro, o  xoves   20 organízase unha manifestación que percorre as rúas da cidade entoando a AInternacional@. Os manifestantes aplauden ó izarse a bandeira republicana nos edificios oficiais e varios grupos atentan contra diversos edificios da cidade, como o local de Falange, o casino, o local de Derecha Regional, a residencia dos Padres da Angustia, onde botan mobles á rúa e préndenlles lume. Interviu a GC para restablece-la orde e forzas do exército    e Mariña    protexen bancos e igrexas. Estes  feitos de violencia anticlerical e de  enfrontamento ideolóxico serán lembrados logo  para xustificar a represión posterior ó 18 de xullo.

O mesmo día 20 Quintanilla preside de novo  a sesión plenaria do Concello de Ferrol, sen os concelleiros interinos nomeados en outubro de 1934.

 No Concello, Antonio Santama­ría, presidente da Asociación Obreira de Construcción Naval ugetista, vai a se-lo novo  alcalde, o último da República, e nos principais  cargos directivos forman, ó lado dos socialistas, militantes de Izquierda Republicana.

Quintanilla renuncia ó seu cargo por ocupacións profesionais,  inda que   permanece no goberno municipal como síndico.


A corporación quedará definitivamente constituida a primeiros de marzo por dez edís  do PSOE, cinco de IR, tres radicais, tres independentes, e un de CEDA, Unión Republicana e Renovación Española, en total 24 membros20. Hai  unha    maioría republicano socialista de dezaséis edís, onde os republicanos de IR proveñen  de ORGA e de Unión Republicana, fronte  a cinco edís   radicais  e da dereita; un novo  concelleiro   será nomeado polo gobernador civil: José López Bouza, de Izquierda Republicana, que toma posesión do seu cargo o 19 de marzo, ocupando a vacante deixada por un edil do PRR. Bouza presidirá a xestora da Diputación Provincial desde o 23 do mesmo mes, na que  está tamén Quintanilla.         

En marzo de 1936 a corporación fronte    populista intenta a expropiación de centros de ensino de ordes relixiosas, que continúan abertos baixo a apariencia legal de sociedades anónimas.

Mentres a oposición municipal de dereitas opta pola inhibición, na rúa suceden  algúns enfrontamentos. A prensa recolle os seguintes entre febreiro e xullo do 36:

-Incendio da igrexa de Santa Mariña, en Serantes, afecta a varias imaxes e cortinas.

- En marzo, incendio da igrexa de Limodre e da parroquial de San Salvador en Fene,  ademáis asáltase a de Somozas.

-En Ares, incidentes entre dereitistas e quince mulleres que pedían a  liberdade   dos detidos por danos no local de Juventud de Acción Católica.

-Por orde do Gobernador Civil, a Policía practica en Ferrol varias detencións de elementos de Falange Española e doutras filiacións dereitistas desta cidade.

 

Libraría Central Libreira. Rúa Dolores nº 2   15402 Ferrol
http://www.centrallibrera.com   http://www.deferrol.com http://www.leergratis.es/  Tel
éfono 981 35 27 19

 

CAPÍTULO II. A VIDA POLÍTICA NA COMARCA.

 

2.1. No distrito xudicial de Ferrol.

En Serantes, formado polas parroquias rurais  que rodean Ferrol  e integrado neste en 1940, constitúense unha Agrupación Socialista e un grupo do Partido Republicano Radical en 1931.

     As eleccións locais do 31 de maio de 1931  forman unha  corporación municipal dominada por ORGA con once edís, co alcalde, e cinco socialistas. O alcalde é Alejandro Porto, un electricista da Constructora Naval, que logo  se integrará en Izquierda Republicana. Traballa como secretario municipal o galeguista Arturo Noguerol, fundador con Risco da revista Nós.

 

En Narón o Concello  en 1931 esta formado  por  seis republicanos independentes (co alcalde Rodríguez Sabín), cinco socialistas, tres radicais, tres federais  e un agrario.

Cando  chega o 18 de xullo de 1936 o Concello  segue presidido por Sabín,  que encabeza un grupo de edís situados dentro dunha orientación republicana de centro.

Entre os asuntos tratados no último período da 20 República, na sesión plenaria do 11 de maio de 1936  preséntase unha moción interesando que o Concello  solicite do ministerio de Obras Públicas un subsidio para atender ós numerosos obreiros parados, coa inversión en xornais que se empregarían en obras municipais.

A Agrupación Socialista de Narón en 1935 conta con 28 afiliados, a segunda da comarca, tras Ferrol, superando ás de Neda (20 militantes), Serantes (20), Mugardos (15), Ares (14) e Pontedeume (12).

 

En Neda constitúese en 1931 a Sociedad  de Profesiones y Oficios Varios de UGT. Nos seus estatutos figuran como  obxectivos1:

a) Procurar que los salarios estén en relación con las necesidades de la vida.

b) Cumplir y hacer cumplir la jornada legal de trabajo, no superior en ningún caso a las ocho horas.

c) Impedir que los elementos patronales ofendan en su dignidad a los asociados y utilizar cuantos recursos sean necesarios para que se cumpla la legislación del trabajo.

 

En 1931 fórmase a Agrupación Socialista de Neda e as traballadoras de La  Hilatura crean a Unión Textil Sociedad Obrera, de UGT, con 316 afiliadas.


O 14 de febreiro de 1936 créase  un  consello  de Izquierda Republicana, no que se integran dez veciños. Tamén existen en Neda grupos de JS, DRG e UR.

As eleccións locais  de 1931 forman un  concello dominado por socialistas (oito) e ORGA (cinco).  A corporación municipal en 1935 está presidida polo socialista Couce Sanjuán. Na corporación aparece o médico Francisco Cebreiro, Paco da Merced,  militante de IR.

 

En Moeche  o dominio político do Partido Agrario de Pita Romero é evidente, desde 1931 tén a totalidade  dos cargos municipais.  É no 36  cando  se forman tres organizacións locais  de partidos da FP: a Agrupación Municipal de Izquierda Republicana, en marzo, asinando a constitución  máis  de noventa cidadáns, unha    Agrupación Local de Unión Republicana, en abril,  e o Partido Galeguista-Grupo de Moeche, en xuño.

En 1934  créase a Sociedad de Trabajadores de la Tierra  y Oficios Varios de Moeche, integrada en UGT  e con trinta afiliados.

 

Somozas é un municipio de vocación gandeira dominado tamén polo Partido Agrario de Pita Romero, que nas eleccións de 1931 ocupa a totalidade  dos postos de concelleiros. En 1936, trala victoria electoral do FP,  noméase unha xestora do Concello integrada por homes de IR, ó igual que en Moeche.

As organizacións que se fundan na República son: Alianza Republicana-Alianza Republicana Española, en 1931; Derecha Regional Femenina, en 1933; Xuntanza Labrega, Sociedade Cultural, 1934; Sociedade  de Agricultores de Somozas, de UGT; e Agrupación de Izquierda Republicana, en1936.

 

En San Sadurniño  a maioría dos seus concelleiros en 1931 defínense como republicanos independentes. Organizacións políticas das que temos constancia son: Sociedad Agraria Socialista de UGT, 1931; Juventud Católica, 1931; Centro Republicano Socialista, 1931; e o Radio Comunista, 1936.

 


En Valdoviño as organizacións políticas que existiron no período republicano serían: un Centro Republicano, en 1931; a Unión de Valdoviño, Asociación Republicana Radical, 1932; unha  Agrupación Local do Partido Agrario Español, 1935; Agrupación de Izquierda Republicana de Pantín,  1935; Agrupación de Izquierda Republicana de Vilarrube-Porto do Cabo, 1935, asinan seis homes, entre  eles o  mestre Ambrós, logo  fusilado; Agrupación Socialista, 1936.

O avogado Alfonso de Cal Fernández é o primeiro alcalde republicano da localidade.  Existe unha  colaboración entre ORGA e o PRR no goberno municipal  nos primeiros momentos da etapa republicana. En 1935 esta unión rompeu, o alcalde é agora  radical. Cal Fernández é militante de UR e será fusilado en Ferrol tralo levantamento.

O 22 de marzo de 1936 constitúese  unha    nova corporación municipal presidida polo militante de IR, Frutos Burgos,  mestre de Pantín; a maioría dos edís é de IR.

 

2.2. No distrito xudicial de Pontedeume.

De Pontedeume  temos documentación de varias organizacións do período republicano. Unha das primeiras en constituirse, o 14 de maio de 1931, reúne ó autodenominado Comité Republicano-Socialista de Pontedeume, co obxecto de "contribuir a medida de sus  fuerzas a la consolidación y  defensa de la República española" (art. 11 dos estatutos), podendo integrarse no comité "todos los  antidinásticos, cualquiera que sea su ideal político, social y religioso" (art. 21). Como presidente figura Allegue del Río, médico, e como secretario Ramón Agras, ambos executados en 1936.

En maio de 1931 a Sociedade de Oficios e Profesións Varias ingresa en UGT con 150 afiliados e desde agosto existe en Pontedeume unha Agrupación Socialista, que preside López Seijo. Nas executivas da agrupación aparecen tres militantes víctimas da represión violenta: os  mestres María Vázquez Suárez e José R. Fernández, e o secretario en 1934 Luis Nodar.

Derecha Regional Gallega, de CEDA, está presidida por un directivo da Asociación Mercantil e Industrial de Pontedeume.

A Agrupación Local de Izquierda Republicana é creada en 1935, co rexistrador da propiedade García Toribio como presidente.

En maio de1936 inscríbense  como asociados do Partido Galeguista  dezaoito  veciños de Pontedeume: dúas mulleres, varios mariñeiros,  labregos, obreiros, carpinteiros e dous do comercio.


Tralas eleccións municipais  de 1931, a corporación da vila está presidida por un republicano federal. O 9 de marzo de 1936constitúese  no edificio consistorial de Pontedeume a xestora que rexe o Concello  tralas eleccións de febreiro. Segundo consta na acta do Pleno: baixo a presidencia de D. Celestino Sardiña Navarro, como delegado gubernativo,reúnense  os señores que "han sido por él designados para constituir la Corporación Municipal de este ayuntamiento". Da maior parte dos edís coñecemos  a súa  filiación política; o alcalde Manuel López Seijo, presidente da Agrupación Socialista; tenentes de alcalde: Juan Ares, de Izquierda Republicana; Robustiano Freire, de IR; Ramón Ares, de IR, e Eduardo Fonte, socialista; trátase dunha corporación formada por militantes de IR e PSOE, que nos poucos meses que estivo á fronte   do municipio  toma as seguintes medidas:

-Incautación dos  cemiterios de Andrade, Boebre, Nogueirosa, Ombre, Centroña  e Vilar.

-Instalación dunha biblioteca pública.

-Destitución do secretario do Concello, do depositario de fondos, do recaudador de arbitrios, dun oficial e de tres gardas municipais, tras abrirlles expedientes por faltas graves. De seguida os edís   nomean sustitutos, entre eles dous paseados en agosto do 36: Celestino Sardiña, secretario interino, e Prado Allegue, asesor.

-Aprobación da urbanización da Praza da República, con emprazamento para o mercado, e a pavimentación da rúa da Liberdade.

 

En Fene en 1936 créanse dúas entidades: Juventud Socialista de Fene, e unha sección de CNT,  o  Sindicato Único de Trabajadores de Fene. Existe unha    Agrupación Socialista desde 1933, unha    Sociedade   de Oficios Varios ugetista, un grupo do Partido Galeguista  - constituido en 1934, no que forman Manuel Gómez Suárez e Jesús Díaz, logo fusilados-,  ademáis de Derecha Regional de Fene, a sociedade agraria La  Necesaria, fundada en 1907 e integrada en UGT en 1929, a Unión Marítima de CNT, con 180 afiliados, e a Sociedad de Trabajadores de la Tierra  de Magalofes, de UGT.

A Corporación Municipal é de maioría socialista. Cando  chega o 18 de xullo de 1936 é alcalde Ramón Souto, carpinteiro e propietario dunha fábrica de baldosas.

 

 En Ares o 1 de maio de 1931  fórmase unha Agrupación Socialista Obrera, presidida por José Sequeiros que reúne a dez membros. Antes, en 1930,  xa existía a Agrupación Socialista Obrera de Cervás.

Os socialistas forman en 1931 o sindicato Unión de Trabajadores de Mar y Tierra , integrado en UGT en 1932 con 70 afiliados, presidido tamén por Sequeiros, quen en 1935, sen embargo, aparece como directivo da Agrupación local de IR.

Unión Republicana tén en Caamouco unha agrupación local. En Caamouco intégrase en UGT en setembro de 1931 unha Agrupación Republicano Social Agraria, que reúne a 240 afiliados.

Unha das últimas formacións políticas que xurde en Ares é Juventud Socialista Aresana, en 1935, presidida por Arturo Suárez, morto  na represión. Os seus fins eran:


Artículo 11. -Es la educación socialista, la propaganda, la acción política, el aprovechamiento, en suma, de las energías juveniles en pro de la causa obrera, conforme a las decisiones del Partido Socialista Obrero Espanol.

Artículo 21. - Lo prescrito en el artículo anterior se detalla así:

11. -Difundir libros, folletos, periódicos y hojas.

21. -Contribuir al acrecentamiento del número de suscriptores a la Prensa obrera.

31. -Organizar los actos de propaganda oral, mítines, conferencias, excursiones, etc.

41. -Trabajar por la educación societaria y socialista de la mujer, prestando vigorosa ayuda a las reivindicaciones obreras feministas, creando Agrupaciones de mujeres obreras y conduciéndolas al terreno de la lucha de clases.

51. -Constituir grupos de ciencia, arte, higiene, etcétera; y

61. -Realizar una extensa labor educadora contra todo prejuicio, contra las viejas filosofías y religiones, oponiendo a todas ellas la filosofía socialista, que abarca los órdenes todos de la vida individual y social.2

En 1931 a Corporación municipal conta con trece edís socialistas, sendo o primeiro alcalde José López Lourido, víctima dun paseo na guerra. O 29 de febreiro de 1936  procédese á toma de posesión dos edís   suspendidos en outubro. Benito Feijoó, traballador da constructora naval, directivo da Agrupación Socialista de Cervás, detido polos sucesos de 1934, é nomeado alcalde. Entre os edís identificamos a tres de IR, exmilitantes socialistas.

 

En Mugardos hai  que destaca-la presencia de varias agrupacións que abarcaban todo o espectro político da 20 República.

Organízase en 1931 un sindicato integrado en CNT: o Sindicato de Pescadores, Marineros y demás  oficios, entre  os directivos Juan Prieto Balsa, alcalde do FP en 1936, e Domingo Picallo, militante do PRRS que tamén chega á alcaldía da vila.

 A Agrupación Socialista de Mugardos  legalízase en xuño de 1931.

En decembro de 1931, o Centro Republicano de Mugardos, con 103 afiliados,  convírtese na Agrupación Republicana Radical-Socialista.

Na parroquia do Seixo, apenas media dúcia de mulleres forman en 1932 Derecha Regional Gallega.


En outubro de 1933 nun  local da Avenida da República, once  veciños  fundan o Ateneo Libertario "Naturaleza Consciente", co obxecto de procurar eleva-lo nivel intelectual da clase traballadora, por medio de lecturas, mitins e conferencias, para acada-la emancipación integral preconizada polo ideal libertario.

En marzo de 1933  nace o grupo do Partido Republicano Gallego, liderado por Casares Quiroga, no que aparecen dez  veciños da  vila mugardesa;  algúns   antes no PRRS, como o concelleiro   Eytor Cañizo, que sufrirá a represión na guerra civil.

Ó pouco de iniciarse 1934 fórmase o comité local da Agrupación de Unión Republicana. É o presidente Ríos Sordo e o tesoreiro Roldós Gelpi, comerciante, fusilados trala sublevación de 1936. Ríos e Roldós asinan en xaneiro do 36 unha  solicitude ó gobernador civil para a legalización dunha filial de Izquierda Republicana.

En maio de 1934 reorganízase o Partido Republicano Radical, o novo  presidente local é Vázquez Fariña, empregado na Constructora Naval, concelleiro interino en outubro  dese  ano e alcalde tralo alzamento.

Na parroquia de Franza (Mugardos), en 1935, nace legalmente  a sociedade Irmandade Galeguista,  á asamblea asiste o presidente do PG en Ferrol, Domingo Pombo, e nela elíxense os cargos directivos; como secretario de administración noméase a Felipe Bello Piñeiro, o coñecido pintor; e será en Mugardos onde se constitúe un dos últimos grupos do PG nun proceso de crecemen­to evidente na comarca desde o 16 de febreiro; o 5 de xuño tres mugardeses inician os trámites legais  para a constitución do Grupo Galeguista de Mugardos.

O Radio Comunista de Mugardos constitúese  a mediados de marzo de 1936, tendo como secretario a Prieto Balsa, o último alcalde republicano da  vila,  un dos primeiros executados na comarca tralo 18 de xullo.

A corporación municipal, tralas eleccións locais, tén como alcalde a un militante do PRSS. Os radicais  socialistas son maioría con oito postos, dous son socialistas e tres independentes. Parte da corporación é suspendida en 1934, e en 1936 noméanse novos concelleiros da FP, de maneira que da primeira corporación republicana quedan cinco concelleiros de elección popular. En marzo de 1936 detenta a alcaldía Domingo Picallo, de IR, logo  sustituido por Prieto Balsa.

 

En Monfero en 1931 o alcalde de elección popular é independente e preside un pleno formado por siete radicais, cinco federais  e dous independentes. En 1936 noméase unha  xestora da FP.


A Sociedad de  Agricultores de Monfero, que existe desde 1907, tén "por principal fin misión velar por la condición moral y material de sus asociados [...] creando al efecto otras asociaciones como cajas de ahorro, de socorros mutuos", nunha acta de xaneiro do 36 que solicita a legalización da agrupación de Izquierda Republicana  vemos, entre unha  dúcia as sinaturas de tres executados: Pablo Rico, alcalde o 18 de xullo,  tesoreiro da Sociedad de Agricultores, José A. Marcos e Andrés García.

 

En Miño  UGT conta en 1931co sindicato Unión Agraria e Socialista, con domicilio en San Xoán de Vilanova. Nese ano tamén funciona a Unión Agraria e Socialista de Bemantes e Callobre, que ingresa en UGT en xullo con 190 inscritos. Tamén en Callobre fórmase un Grupo Galeguista en 1934, e en 1936, pouco antes do alzamento,  intentábase formar outro na mesma  vila de Miño.

En maio de 1931, recén inaugurada a II República, fúndase o Casino Republicano Socialista, con  máis  dun cento de socios, sendo secretario o mestre J. Salgado. Antes do verán esta organización adhírese a ORGA e dará lugar a Izquierda Republicana.

En 1933 nace a Agrupación Socialista; na comisión organizadora  está a  mestra María Vázquez Suárez.

Radio Comunista de Miño constitúese  en 1933.

En 1934 sabemos da existencia da Sociedade Agraria Republicana de Castro, Leiro e Carantoña, de tendencia agrario católica.

En outubro de 1935 créase un   consello   de  Izquierda Republicana, o número de militantes desta forza política supera os trinta e na lista hai mariñeiros, propietarios, carpinteiros, un industrial, un  mestre, comerciantes e  labregos .

En Leiro intégrase en UGT en 1932 unha Sociedade de Agricultores e Oficios Varios, presidida por Tenreiro López, fusilado logo  en San Felipe, que conta  en 1936 con cen homes e seis mulleres,  segundo as actas da Comisión Executiva de UGT. Esta documentación tamén recolle o ingreso dunha sociedade de Perbes denominada Cultural Agraria, con 48 afiliados, inscrita na Federación de Traballadores da Terra.

En 1935 a Corporación municipal de Miño está presidida por un alcalde radical. En marzo do 36 noméase unha xestora desde o Goberno Civil na que figura como alcalde Ricardo Pérez, de IR, que se exilia a América ó estalar a guerra civil.

 

En Cabanas, nas eleccións locais  de 1931 vencen os candidatos de ORGA copando once postos do Concello, menos a alcaldía, pois o alcalde declárase republicano independente, e continuará  ata  ser destituido en 1936, tralas eleccións de febreiro. En 1935,  a corporación conta  con  catro edís  de Unión Republicana,  catro socialistas e outro  máis  independente.


En setembro de 1931 a sociedade agrícola Nueva Concordia ingresa en UGT, con 82 asociados. En 1932  intégrase tamén no sindicato socialista Oficios Varios de Cabanas.

Desde ese ano existe unha mutua gandeira coñecida como Nueva Unión e entre novembro e decembro de 1935 constitúense tres agrupacións políticas: Unión Regional de Derechas-CEDA, IR, e Unión Republicana, con seis rúbricas, entre elas as de tres paseados: o último alcalde republicano de Cabanas, Álvaro Puentes, fuxido    no monte tralo  18 de xullo  ata  que morre por disparos en 1940, e Antonio Brage e Juan Pereiro, albaneis de 20 anos de idade executados en agosto do 36.

 

A Capela en 1935 é gobernada por un alcalde do PRR lerrouxista;  a corporación conta  a  ademáis   con nove edís   radicais  e dos independentes. En 1936 constitúense dous comités;  o de IR e o do Sindicato Agrícola y de Oficios Varios de Vilar de Mouros, de CNT. Cenetistas e azañistas forman parte da nova corporación municipal en 1936 que sustitúe por decisión gubernativa á anterior de maioría radical.

 

En Vilarmaior as primeiras eleccións dan o poder a un alcalde de ORGA. Desde 1931 existen unha  Agrupación Socialista e a Unión Agraria. En outubro de 1935, no local da AFeira do 3"  e nunha xunta de dezasete  veciños, constitúese   o Grupo Galeguista. Tamén funciona un grupo de Unión Regional de Derechas. O alcalde en 1935 é de Unión Republicana, xa que os de ORGA agora  militan en UR.

Persoas influíntes en Vilarmaior son dous  veciños de  Pontedeume: un notario, de tendencia dereitista, e un médico, afiliado a CEDA.

 

2.3. No distrito xudicial de Ortigueira.

Nas eleccións do 12 de abril de 1931, polas que se proclama a República en España, triunfan con gran diferencia sobre os monárqui­cos os candidatos agrarios da comarca. O xefe do Partido Agrario é Leandro Pita Romero, periodista e avogado, que será na República deputado, ministro e embaixador no Vaticano. En Ortigueira preside a "Federación Agraria", fundada polo seu pai, que engloba a 38 sindicatos do norte da provincia; é, con 3.789 socios, o maior órgano sindical provincial.


Os agraristas teñen os votos dos gandeiros e labregos integrados na Federa­ción Agraria que exporta gando vacún a Madrid e Barcelona, organiza feiras e paradas de sementais, compra abonos e maquinaria. O deputado Pita Romero quere defender os intereses destes pequenos gandeiros nas Cortes de Madrid. Os seus rivais  en Ortigueira son Vázquez Gundín, de CEDA, e  o industrial e banqueiro Casariego, alcalde  na dictadura primorriverista, que  cando  chega a República  milita  no Partido Republicano Radical. A Corporación municipal ortegana que chega ós comicios de febreiro de 1936 está formada polo alcalde agrario Jesús Fojo,  con  vinte  edís   agrarios e dous radicais.

Na economía da zona  destaca a pesca artesanal de Cariño e Espasante. No primeiro a industria conserveira de peixe emprega a unha numerosa man  de obra feminina e o Sindicato de la Industria Pesquera (CNT) integra a  máis  de mil afiliados. En Cariño existe xa  o desexo de  creación dun  concello propio e na etapa republicana a fortaleza do movemento sindicalista actúa de elemento diferenciador respecto á  vila de Ortigueira, máis  conservadora.

Trala caída da Monarquía constitúense os primeiros concellos republicanos en tódalas localidades do distrito ortegano,  agás en Cedeira onde queda suspendida a constitución por orde do Goberno Civil, xa que non se corresponde cos resultados electorais  do 12 de abril. O comité local do Partido Republicano Radical Socialista, cuns  vinte afiliados, que  tén como secretario local ó encargado de Correos Miguel Fernández Santos, de 26 anos, natural de Madrid, proclama a República o  15 de abril, un día histórico que amence con bandeiras republicanas no cine Arriví e no balcón de Correos. Seguindo o exemplo dado  pola capital e moitas poboacións españolas o día 14 e, entendendo que os resultados das eleccións, gañadas polos agrarios, non téñen valor no novo  réxime, constitúen a corporación municipal sen aterse ós resulta­dos, designando ó presidente local do PRRS, Higinio Bustabad, armador e comerciante, como o primeiro alcalde republicano de Cedeira. Suspendida esta constitución, a celebración de novos comicios locais  o 31 de maio do 36 ve como o dominio dos partidarios de Pita Romero reafírmase, xa que aumentan a súa representación con votos do electorado monárquico. Dun total de 73 edís, 64 son agrarios (87 %), 7 radicais  e 2 radicais socialistas.

En virtude dos resultados constituiranse agora as Corporacións. En Cedeira, José Soto, primeiro edil na etapa monárquica será o novo  alcalde republicano dos agrarios. O agrarismo tén tradición en Cedeira; ó pouco tiempo de estreada a República, en maio de 1931,  fúndase o "Centro Republicano Agrario" polos de Pita Romero na vila. Os seus obxectivos son:    

A. Fomento de la cultura en el Agro.

B. Redención económica y política del labrador.

C. Trabajos de organización política agraria..3


No art. 21 dos estatutos manifesta caudillismo, unha    vontade de obediencia política ó líder: "Seguirá las normas que el Jefe Don Leandro Pita Romero señale". Entre os da comisión organizado­ra non figura ningún gandeiro ou labrego, aparecen os nomes dun empregado xudicial, un xastre, dous comerciantes, un patrón de pesca e un dependente de farmacia.

En Cedeira tamén existen pequenos grupos de socialistas, galeguistas e  comunistas (estes últimos en 1933 forman unha comisión organizadora dun Sindicato de Marineros, formada por  catro traballadores entre os que  están Jesús Lourido, futuro concelleiro  da FP,  paseado tralo alzamento, e Constantino Suárez, que terá que fuxir no 36).

En As Pontes de García Rodríguez, a candidatura pitista que gaña os comicios municipais  de 1931 representa a  labregos  das parroquias fronte a outra na que maioritariamente figuran profesionais  e comerciantes, a clase dirixente local da etapa monárquica.

 Inda que  os agrarios dominan os concellos outros grupos políticos téñen actividade  nesta comarca, un dos  máis  dinámicos é o Partido Galeguista, que tén implantación en Ponte de Mera (Ortigueira),  onde  en maio de 1934 constitúese  un comité. En 1936 son cerca de oitenta os afiliados nesta localidade,  case todos mozos. A profesión que  máis  aparece entre  eles é a de labrego. Segundo A Nosa Terra este Grupo está preparando a formación de Grupos Galeguistas en Cariño e As Pontes pouco antes de iniciarse a guerra civil. En Ponte de Mera o partido nacionalista celebra un gran mitin o domingo 13 de outubro de 1935, coa  presencia  de Castelao, Antón Villar Ponte, Víctor Casas, Suárez Picallo e Gómez Román. O acto político é no campo da feira, coa presencia de tres mil persoas. Os oradores falan desde un palco, adornado coa bandeira de Galicia e a tricor republi­cana, a un público chegado en camións de Cedeira, de Cariño e doutros lugares próximos.  Fai a presentación do mitin Alfredo Rebollar, de IR, alcalde en 1936 na xestora da FP. En Cedeira hai  noticias da existencia dun grupo oficial do Partido Galeguista. Dos seus militantes podemos identificar a Isaac Forneiro, empregado de banca. Acelebración dun mitin neste concello tén  lugar o domingo 8 de setembro de 1935 e interveñen Otero Pedrayo, Ramón Villar Ponte, Suárez Picallo e  Carballo Calero.

En Cerdido, Manuel Suárez,  veciño da  Barqueira, preside desde 1935 a sociedade   agropecua­ria Loitas Labregas e desde maio do 36 unha  agrupación do PG, con  máis  de cincuenta afiliados. Manuel será fusilado en Ferrol en setembro do 36.

Dominan os agrarios a vida municipal de Ortegal  ata  a victoria da  Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, coa convocatoria de comicios locais  para o 12 de abril, que non se chegan a realizar xa   que se retrasan indefinidamente e noméanse polo Goberno Civil xestoras municipais  con homes dos partidos da FP -a maioría de IR- en Ortigueira, Cedeira, As Pontes e Mañón.


En Ortigueira son cesados en marzo o alcalde Fojo e os edís agrarios  para formarse unha    nova Corporación, con representantes da FP. A xestora  de Ortigueira4 está formada por trece edís   interinos de Izquierda Republicana, tres do PSOE, dous do PG e un sindicalista.

En Cedeira o cambio de dirixentes locais  realízase en abril, cesando os agrarios e sendo  nomeado alcalde Manuel Fernández Freijeiro, un militar retirado  pola lei de Azaña, próximo a IR. Entre os concelleiros aparece José Vergara, de Alianza Obrera y Campesina (UGT), Jesús Lourido, mariñeiro  da CGTU comunista, e o director da  escola  da  vila Muñoz.  En Mañón  noméase  alcalde a Jesús Castaño, un labrego de Bares, fusilado en 1937 en San Felipe.

En As Pontes, os agrarios deixan paso en xuño de 1936 a unha    nova corporación presidida por Servando López, secretario do xulgado local, de IR; a xestora da FP en As Pontes5  está formada na súa maioría por militantes de Izquierda Republicana, pero tamén hai dous socialistas (un, Guerreiro, logo paseado), agrarios e de Unión Republicana.

Pouco tempo disporán  as autoridades fronte populistas nos seus mandatos. Na maior parte dos concellos apóiase a aprobación do Estatuto de Autonomía, aportando cantidades para sufragar a campaña e o plebiscito.

Relacionamos de seguido as agrupacións políticas, culturais  e sindicais do distrito ortegano6:

ORTIGUEIRA:

Unión Republicana (PRR), 1931.

Ateneo Cultural Recreativo de Cariño, 1933, CNT.

Bloque Nacional, xaneiro 1936, Dámaso Calvo.

Agrupación Municipal de Izquierda Republicana , xaneiro 1936, Alfredo Rebollar.

Grupo Galeguista de Ponte de Mera, marzo 1936, 77 afiliados.

Agrupación Socialista de Ortigueira, abril 1936.

Juventud Socialista de Ortigueira, abril 1936, A. Otero.

Sociedad  de Oficios Varios, ingresa en UGT en decembro de 1932 con 49 afiliados.

Sociedad  de Trabajadores de la Tierra  de San Clodio, de UGT.

Sociedad  de Trabajadores de la Tierra   de Senra, de UGT.

Federación Agraria,  inclúe sindicatos parroquiais  de gandeiros de Ortigueira -20 en 1932-, Cerdido, As Pontes, Mañón, Cedeira...

Sindicato de la Industria Pesquera y Sus Derivados de Cariño, de CNT.

Sindicato de la Industria Pesquera y Sus Derivados de Espasante, CNT.

Sindicato de Oficios Varios de Landoi, UGT, 40 afiliados en 1932.

Sindicato Católico Agrario, de Baleo-Ladrido, 55 socios.


CERDIDO:

Loitas Labregas, 1935, Manuel Suárez Villar.

Grupo Galeguista de Cerdido, PG, maio 1936, Manuel Suárez, 54 afiliados.

Agrupación Municipal de Izquierda Republicana , maio 1936.

Agrupación Socialista de A Barqueira, xuño 1936.

O 21 de xuño de 1936 constitúese a Fronte Popular local, cos partidos galeguista, socialista, comunista e IR.

        CEDEIRA:

Centro Republicano Agrario, 1931, comisión organizadora (pitista).

Comité Republicano Radical, 1931.

Agrupación Local del Partido Republicano Radical Socialista, 1931.

Sindicato de Marineros y Similares, 1933,  CGTU.

Radio Comunista, 1933, con 25 afiliados.

Derecha Regional Gallega, 1935, grupo feminino.

Sociedad de Oficios Varios Alianza Obrera y Campesina (UGT), José Vergara.

Sociedad de Trabajadores del Mar, UGT.

Sociedad  de Agricultores de Régoa, UGT.

Unión Cultural y Recreativa de San Román.

Unión Cultural de Cervo-Sociedad   de Instrucción y Recreo.

Unión Recreativa de Montoxo.

Juventud de Acción Católica de Esteiro, 1936.

AS PONTES:

Agrupación Local de Izquierda Republicana, 1936, presidente: Servando López.

Agrupación Local de Unión Republicana, xaneiro 1936.

Comité do Partido Radical.

Sociedad de Oficios Varios, UGT.

MAÑÓN:

Agrupación Socialista7.

Sindicato de la Industria Pesquera y Oficios Varios de  O Barqueiro, CNT, en xuño 1936, na comisión organizadora dous fusilados: José Rivera e Benigno López.

Dous comités do Partido Radical, un no Barqueiro.

 


CAPÍTULO III.  ELECCIÓNS DE 1936  E REFERENDO  ESTATUTARIO.

As eleccións a Cortes do 16 de febreiro de 1936 son gañadas na comarca ferrolá e na provincia pola Fronte Popular. A candidatura fronte populista obtiña os 13 escanos correspondentes á lista máis votada, unha lista formada nesta provincia  por candidatos dos partidos IR, UR, PG e PSOE. Catro escanos para as minorías, dos que tres son para candidatos cedistas. Dous deputados electos son ferroláns: os socialistas Lorenzo, tipógrafo, e Longueira, de Juventud Socialista.

 

1, Ferrol, con Serantes. 2, Narón. 3, Valdoviño. 4, Cedeira. 5, Cariño. 6, Ortigueira. 7, Mañón. 8, Cerdido. 9, Moeche. 10, San Sadurniño. 11, Neda. 12, Fene. 13, Mugardos. 14, Ares. 15, Cabanas. 16, A Capela. 17, Somozas. 18, As Pontes. 19, Pontedeume. 20, Miño. 21, Vilarmaior. 22, Monfero.

 


É nos municipios con base obreira e máis próximos ó litoral onde a FP obtén os seus mellores resultados. A dereita gaña en concellos con predominio de actividades económicas primarias como Cedeira, Moeche, Somozas, Valdoviño ou Cabanas, ou en centros comarcais, como Ortigueira e Pontedeume, onde residen os órganos da administración fiscal e xudicial. Hai una estreita relación entre actividades agrícolas e o voto a candidatos da organización católica, pero hai excepcións, como sucede en Cerdido, San Sadurniño, As Pontes, Vilarmaior e Monfero, municipios interiores nos que vence a FP.

Os candidatos máis votados de cada grupo ideolóxico son:

Emilio González López (FP)                      29.131 votos

Luis Cornide Quiroga (Indep.)                  25.313   A

Benito Blanco Rajoy (CEDA)                      23.452   A

Leandro Pita Romero (Centro)                  11.045   A

 

Destes catro, os tres primeiros consiguen escano. Na lista vencedora son máis votados os candidatos moderados: os republicanos (como González López, de  IR, profesor de Dereito na Universidade de Salamanca) e os galeguistas (Suárez Picallo é o preferido polos electores de Ferrol, Narón, Serantes...); só en Fene un socialista é o máis votado dos da FP.

En canto ó proceso autonómico, tralo retraso na convocatoria do referendo provocado polos gobernos republicanos desde a aprobación do proxecto de Estatuto en 1932 polo 77 % dos concellos galegos, a victoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 facilitaba salta-lo derradeiro atranco para a Autonomía de Galicia, un proxecto do Partido Galeguista asumido pola coalición frentista, e só ficaba a aprobación en plebiscito polos dous tercios a favor dos inscritos no censo electoral, polo que non era doado conseguilo. Resultaba desde logo contradictorio que a constitución republicana de 1931 non fose aprobada nas furnas e que, sen embargo, unha das súas consecuencias, o dereito a establecer un goberno autónomo si debía contar con maioría absoluta dos censados. Deste feito laiábase Castelao tralo alzamento, coa carraxe dos que tiveran que falsifica-las actas do referendo por unha obriga legal inxusta, ficando ademais todo varrido polo golpe militar das forzas reaccionarias centralistas:

Se o povo hespañol se vise obrigado a referendar a Lei fundamental da República antes de             derrumbar a monarquía, )Teríase producido aquel clamoroso entusiasmo do 14 de abril?   )Estaríamos     seguros de contar cos dous tercios do corpo  eleitoral de toda Hespaña, n-un plebiscito do povo    hespañol, a favor da Constitución vixente?

O povo somentes dixo que quería unha República, pero non emiteu diréitamente o seu       voto a prol da Constitución.1

 


Entre maio e xuño de 1936  desenvólvese unha intensa actividade, coa participación de políticos republicanos, galeguistas, socialistas, sindicalistas e comunistas, de cara a fomenta-la imprescindible participación popular o 28 de xuño.

Entre os ferroláns que destacan na campaña pro Estatuto hai que mencionar ó galeguista Ricardo Carballo Calero e a José López Bouza, de Izquierda Republicana, que presidirá as reunións do AComité Central da Autonomía de Galicia@. Unha vez aprobado en referendo, será este ferrolán quen o entrega ó Presidente das Cortes de Madrid, á fronte dunha comisión de parlamentarios galegos. Nas xuntas do comité central participan ademais Xaime Quintanilla, como vocal, e  como delegado do PSOE outro ferrolán, Marcial Fernández.

O PSOE mudou totalmente de actitude sobre o plan autonómico. Pasou de rexeitalo en 1932 como un proxecto burgués, a velo como favorecedor dos intereses do proleta­riado galego. Inflúen neste cambio o feito de ser agora un obxectivo político da Fronte Popular -condición para a entrada do PG na coalición- e a ilusión dalgúns socialistas galegos en velo realizado. O certo é que o concello ferrolán, dominado polo PSOE, asiste en pleno á sesión do Comité Central da Autonomía o 17 de maio de 1936, e que Xaime Quintanilla fala en numerosos actos da campaña, escribindo en El Obrero na víspera do referendo2:

Los socialistas fuimos siempre autonomis­tas, tanto en el plano internacional como en el nacional. (...). En el plano nacional uno de nuestros Congresos -y aún está vigente el acuerdo- se declaró partidario de la >confederación republicana de las nacionalidades ibéricas=. Admitida esta existencia es imprescindi­ble el reconocimiento del derecho  de esas nacionalidades a la autodeterminación, al gobierno propio. Una de esas nacionalidades, con derecho a gobernarse a sí misma, es Galicia.

 


A campaña APro Estatuto Galego@ tén en Ferrol o domingo 14 de xuño  un acto no teatro Jofre ás 11 da mañá, ó que asisten representacións de A Coruña, Ortigueira, Pontedeume, Serantes, As Pontes e Cedeira. Unha octavilla do comité de propaganda da zona, escrita en galego, afirma que a autonomía permitirá poñer fin ó caciquismo centralista, a realización da reforma agraria, organiza-la administración atendendo ás células naturais da xeografía humana do país e ó ensino dos idiomas castelán e galego. A folla do AFrente Popular@ remata coa consigna  nacionalista: (Viva Galicia Ceibe!3. No escenario do Jofre están representando ás súas localidades os alcaldes de A Coruña (o socialista Suárez Ferrín), Ferrol (Santamaría), Serantes (Porto Leis, de IR), Cedeira (Manuel Fernández, de IR), e o de Mugardos (Prieto Balsa, do PCE), así como secretarios municipais e  concelleiros de varias vilas. Presenta o acto Fernando Carballo, de Unión Republicana, funcionario do concello ferrolán.

Fernando Barcia, ensinante de UGT, é o primeiro orador, manifestando que é autonomista por diversas razóns: por galego, por socialista, por antifascista e como pedagogo; fala dos erros da Historia que atá agora se lles ensinou ós nenos, e do descoñecemento da Xeografía rexional nos escolares. O comunista Jesús Regueiro fala en galego para decir que Galicia está no mapa para as cargas soamente. Avelino López, de Izquierda Republicana de Lugo, incide en que a autonomía non é hostilidade nin aillamento. O ferrolán Alfonso de Cal, de Unión Republicana, menciona como un fallo do centralismo as leis que non se axustan ó medio rexional. Fernández del Riego, expresa a postura do seu partido: os galeguistas queren a liberación integral de Galicia, pero confórmanse co Estatuto, Aqueremos los galleguistas destruir todos los imperialismos, constituyendo las nacionalida­des pequeñas para constituir un federalismo universal que traiga a verdadera libertad y a verdadera xustiza@. O socialista Marcial Fernández, tamén en galego, intenta espertar o interese dos traballado­res polo sistema autonómico, dicindo que as angurias do labrego, do mariñeiro e do traballador en xeral non terán solución senón se aproba o Estatuto: 

Tenemos los obreros que ser la piedra angular de la Autonomía, en fraternidad con todos los     pueblos de España pero no con inferioridad ni con ultraje. (...) la Autonomía de Galicia es para nosotros          una gran empresa que resucitará las energías y el vivir de Galicia en busca de la personalidad gallega        contra el fascismo.

Termina o mitin cantando os presentes, todos en pé, o himno galego.

A campaña continuará até o 27 de xuño, data na que o Comité Executivo da Autonomía inda pensa organizar en moitas poboacións actos de exaltación galega.

Mais o pobo non vai respostar ó esixido na convocatoria. Ó ser necesarios máis de 885.000 votos afirmativos, os responsables da Fronte Popular que dirixen a organización do plebiscito falsean as actas. No Arquivo Municipal de Cedeira gárdanse dúas actas, de sendas mesas, clarificadoras da súa falsidade: segundo estes documentos tódolos votantes nesas mesas (o 88 e 90 % do censo) votarían a favor, ningún voto negativo, en branco ou nulo. Unha das actas está asinada por un edil da FP.


No concello de Ortigueira é enorme a diferencia que existe nos resultados dunhas mesas a outras; segundo o semanario La  Voz de Ortigueira  mentres un centro parroquial non abre e cando na mesma vila ortegana só se rexistran 25 votos a favor, noutros colexios electorais votan si o 95 por cen do censo (en Cariño) e incluso o 97 % (en Devesos).

A votación en dúas furnas de Cerdido confirma a existencia de irregularidades, aquí tamén tódolos votantes votan afirmativamente. A documentación electoral de Cerdido inclúe listados nominais de votantes que reflicten a manipulación, xa que foron realizadas escribindo os nomes en grupos que coinciden na primeira letra do apelido, en orde alfabética. Unha das actas está asinada polo presidente da agrupación local de Izquierda Republicana.

O fraude foi provocado pola esixencia legal de que os votos afirmativos superasen os dous tercios dos censados, un nivel de votación popular que o noso actual estatuto autonómico tampouco acadou no seu día.

A falsificación da documentación naceu nos mesmos colexios electorais. O feito de que foran os concellos gobernados por xestoras da FP os que organizasen o plebiscito, financiando o mesmo e nomeando ós membros das mesas, mentres a dereita tralo fracaso das eleccións de febreiro optaba a esas alturas polo recurso do golpe de estado para chegar ó poder, renunciando a participar na campaña e a nomear interventores, favoreceu a realización do engano. Mais hai que lembrar que na 20 República non se tiña eliminada a práctica da manipulación electoral, cunha longa tradición en España desde a Restauración, dándose casos de fraude nos comicios do 16 de febreiro de 1936 e  no referendo de 1933 do Estatuto basco.

Por riba da manipulación hai que resaltar a clara vontade dos partidos da Fronte Popular de dotar a Galicia dun estatuto de autonomía.

Libraría Central Libreira. Rúa Dolores nº 2   15402 Ferrol
http://www.centrallibrera.com   http://www.deferrol.com http://www.leergratis.es/  Tel
éfono 981 35 27 19

 

2ª PARTE.  ALZAMENTO E REPRESIÓN (1936-1939).

 

CAPÍTULO IV.  A SUBLEVACIÓN.

 

4.1. Xustificación e cronoloxía.

A tese oficial que explica o alzamento como unha  operación necesaria para salvar a sociedade  dunha  revolución foi obra dos propios rebeldes e propagada na prensa,  nos veredictos dos  consellos de guerra e nos escritos de historiadores contemporáneos (como o clérigo Silva Ferreiro e o militar Arrarás Iribaren). A descomposición social da República, causada polo xerme revolucionario que levou á  perda do valor da xerarquía, provocaría nos estamentos armados e na sociedade civil sentimentos de ascenso social a costa da destrucción das clases dirixentes; así explican eses autores as causas da guerra civil.

Silva relaciona a declaración do Estado de guerra en Ferrol cunha    reacción  do Exército  á  agresión a uns artilleiros  na porta do ACinema@ o domingo 19 de xullo, na idea de que o levantamen­to   militar é unha    medida para mante-la orde, e escribe que a poboación obreira prepara unha   acción revolucionaria que estala ás tres da tarde do luns 20, seguida nos barcos do Arsenal polas tripulacións que reducen ós oficiais. Esta versión é tamén a de Arrarás en Historia de la Cruzada Española.

O bando do xeneral Morais , publicado en Ferrol o 25 de xullo, reitera a tese de que o  Exército  só desexa manter  a legalidade e a orde:

 

Dominado desde el día de ayer el movimiento rebelde, gracias a a intervención del Ejército y cooperación ferviente de la Marina, Guardia Civil y demás fuerzas de orden, esta Comandancia Militar lo comunica al pueblo de El Ferrol tan ligado, por cariño y convivencia, a los Institutos armados  (...).

Ferrolanos:  (Viva España! (Viva la República!1

    A sublevación dos oficiais do Exército e da Armada en Ferrol tén  o seu nacemento a primeiras horas da tarde do 20 de xullo, tras coñecerse que en A Coruña proclámase o bando de estado de guerra ó mediodía; agardouse a que na xefatura da 80 División se tomara a decisión de sumarse ás guarnicións levantadas na Península entre o 18 e o 19: Madrid, Barcelona, Sevilla, Córdoba, Pamplona, Zaragoza, Valladolid, Burgos, Málaga, Cádiz, Palencia, Logroño, Vitoria...; a sé   da 80 é a última cabeceira de división militar que se suma ó alzamento provocando o retraso en Galicia. A demora está causada polas dúbidas do xeneral Salcedo Molinuevo, xefe da División, apoiado polo xeneral de Brigada Caridad  Pita. En Ferrol non se suma ó sublevamento, inda que non se opón a el, o contralmirante e exministro Azarola, xefe do Arsenal.


O pronunciamento vence en Ferrol dous días  despois do seu comenzo, o  mércores   22, trala rendición dos últimos resistentes no acorazado AEspaña@, iniciándose o 26 os actos represivos.  Cando  termina xullo, en tódalas localidades da comarca xa están instaladas,  pola acción de mandos militares do Exército ou da Garda Civil, autoridades municipais  leais.

Nas vilas da comarca ferrolá  ata  o triunfo do golpe na cidade departamental, non comenzan as operacións de estensión do movemento militar, cunha  excepción: Ortigueira, onde se produce o cese do alcalde republicano o 21 de xullo. No resto das capitalidades municipais  é entre o 23 e o 30  cando  se produce a intervención de forzas militares. Entre o  mércores   22 e o  venres   24, columnas militares parten desde Ferrol a Mugardos, Fene, Cabanas e Pontedeume, polo sur, e cara Ortigueira, Cariño e Cedeira, polo norte. As forzas que se dirixen ós pobos do norte, chegando a Viveiro (Lugo), son unha  mestura de voluntarios, militares e garda civís.

Foi o triunfo en Ferrol dos alzados o que determinou a caída de todo o territorio da súa influencia en menos de diez días. As tomas de posesión das novas autoridades locais, directamente  nomeadas polos militares sublevados,  sinalan a cronoloxía da estensión da sublevación  pola comarca:

CADRO 1.

Datas de intervención dos sublevados nos concellos, xullo de 1936.

Municipios                Día                         Militar Responsable

Ares              29              Comandante G.C. Mugardos

Cabanas           30              Comandante Militar Pontedeume

Capela            29              Delegado  Militar M. Lasén (de As Pontes)

Cedeira               26                    Comandante G.C. Ortigueira

Cerdido           27              Comandante G.C. Ortigueira

Mañón             29              Comandante G.C. Ortigueira

Mugardos              29                    Comandante G.C. Mugardos

Narón                 24                    Comandante G.C. de Xubia

Neda              24              Comandante G.C. de Xubia

Ortigueira            21                    Comandante G.C. Ortigueira

Pontedeume            28                    Comandante Militar Pontedeume

As Pontes             29                    Delegado  Militar M. Lasén


San Sadurniño         26                    Comandante G.C. Ortigueira

Serantes              27                    Alférez G.C. de Ferrol

Somozas           30              Comandante G.C. Ortigueira

Valdoviño             23                    Autoridade  militar non especificada

Recórrese a militares,  xa  retirados, para encabezar os municipios, e a individuos de sectores económicos que apoian tradicionalmente á  dereita, continuando como dirixentes moitos  representan­tes políticos da dictadura de Primo de Rivera ou  militantes de partidos republicanos, de  maneira  que exmilitantes do Partido Radical aparecen ocupando postos locais tralo  alzamento en Ares, Ortigueira,  Mañón e Mugardos, ex-afiliados de CEDA en Ferrol, Pontedeume e Fene, do PRRS en Cedeira e Mugardos, pero  ademáis   hai  concelleiros de CEDA en Ferrol, Ares e San Sadurniño, concelleiros  radicais  en Pontedeume, Ares e Valdoviño, e incluso (cun concelleiro  de  cada partido) de IR e do PSOE en Ares.

Non son os novos dirixentes  homes alonxados da política como intenta presentalos o novo réxime autoritario. Os novos alcaldes e concelleiros representan en moitos casos unha liña de continuidade  das élites tradicionais.

 

4.2. Da resistencia ó triunfo do alzamento.

O  venres   17 de xullo a rebelión  estala no norte de África. En Madrid, desde o ministerio de Mariña  que dirixe Giral, de Izquierda Republicana, impártense ordes telegráficas para que as tripulacións desobedezan ós seus mandos se se rebelan contra o Goberno.

O sábado 18 recíbese na Base Naval ferrolá orde do Ministerio para que os cruceiros saian cara a Alxeciras. O acorazado AJaime I@ xa   se atopa no mar con destino a Vigo. Ás 14 horas sae o cruceiro "Libertad@ e ás 19.15 o ACervantes@.

O domingo 19  entrevístanse o gobernador militar xeneral Morais  e o Xefe da Base vicealmirante Núñez. Un grupo de persoalidades políticas de esquerdas visita  a Azarola, Xefe do Arsenal Militar. Varios oficiais da Armada xúntanse baixo a presidencia do Xefe do Estado Maior capitán Manuel Vierna2, e alí o coronel de máquinas Manso e o capitán de navío Ferragut   maniféstanse en contra da declaración do estado de guerra.  Pola tarde, fronte á  entrada do Cinema prodúcese un altercado con  catro tenentes de artillería, ó parecer agredidos por varios cidadáns. Os artilleiros resultan feridos por disparos e un queda detido no Concello .


O luns 20, de mañá,os obreiros do astileiro entran normalmente ó  traballo. Hai  nova reunión de mandos da Armada en Capitanía.Os oficiais do Exército debaten á súa vez no Goberno Militar. Na capital da provincia a sublevación iniciouse na mañá  dese   mesmo día e a as 14 horas lese na praza de María Pita o primeiro  bando que proclama o estado de guerra, firmado polo coronel do rexemento de artillería n1 16, Enrique Cánovas, Xefe da Comandancia de Obras e Fortificacións, para ás dúas e media da tarde iniciarse o ataque contra o Goberno Civil. Tras apoderarse os sublevados da xefatura da VIII División, comunícase ó resto das prazas militares de Galicia a orde de declaración  do estado de guerra, reproducíndose o alzamento en Vigo (ó mediodía), Ourense e Lugo (a primeiras horas da tarde), mentres en Ferrol, a declaración do estado de guerra prodúcese ás seis da tarde,  pero os  enfrontamentos estalan ás tres.

É sobre as tres e carto do luns 20 de xullo  cando  se escoitan as detonacións de tres foguetes, lanzados desde o Concello  (segundo a tese oficial é o inicio dun movemento obreiro revolucionario), e desde Brigadas de Instrucción, no Arsenal,  segundo  fontes orais, que ven no feito o sinal dos propios sublevados.  Desde a poboación fórmase unha  manifestación pedindo   armas que se dirixe ó Arsenal, pero na Porta do Dique impídese a entrada dos manifestantes, disparando sobre eles forzas de infantería de Mariña. A partir deste momento tén lugar  case a un tempo a detención de Azarola e as rebelións nos buques "España" e "Cervera", chegando a entrar nos barcos grupos de civís: obreiros, mulleres e nenos, algúns para sumarse ás tripulacións fieis á legalidade republicana, outros, maxinamos, para refuxiarse do fogo cruzado que comeza a batir o Arsenal.

Desde o Goberno Militar ordénase que unha  batería de artillería avance polo centro da cidade. A compañía pasa  pola Praza de Armas e  diríxese á  de Amboage. No percorrido é hostilizada por civís armados desde  bufardiñas e tellados. Os artilleiros desaloxan algunhas das casas  onde  se fan fortes os resistentes, tomándoas ó asalto con granadas de man. Mentres, o cuartel de artillería recibe disparos de fusil desde a estación do ferrocarril e vivendas dos arredores, son obreiros da Constructo­ra Naval e mariñeiros evadidos do Arsenal, quen con uniformes brancos destacan claramente.

As forzas de artillería ocupan o mesmo luns a central de teléfonos, a praza de abastos e a xeneradora de electricidade. Pola noite, establecen gardas na Porta Nova e na de Canido e no convento dos mercedarios -en Amboage-.


Tamén do cuartel de infantería saiu unha compañía do rexemento de Mérida  35, que baixa pola rúa do Sol, cara ó centro. E do cuartel de Dolores, en Fontelonga, unha sección de infantería de Mariña  sae para ocupar Esteiro. Manda a tropa do Tercio o capitán Auz, que chega  ós Cantóns, fronte ó Concello, producíndose a confusión da xente que vitorean ós militares crendo que van defender ó consistorio constitucional; o alcalde Santamaría sae a recibilos, pero os disparos ó aire desenganan a todos. Santamaría entra de novo  no edificio municipal,  onde  se atopan concelleiros socialistas e o presidente da xestora  da Deputación Provincial, López Bouza.

O martes 21, de madrugada, sae de artillería un convoi con dous morteiros e ametralladoras para o Arsenal;  aquí toman posicións na casa de Azarola, coa intención de evitar o desembarco dos mariñeiros leais  ó Goberno e o seu contacto coa poboación e coas forzas de Brigadas de Instrucción e  escola  de mariñeiría,  onde  os mariñeiros rebélanse contra os oficiais sublevados, sumándose nalgúns casos ás tripulacións do "España" e do "Cervera". A intervención dos artilleiros é decisiva: rexeitan ós mariñeiros e enfróntanse  ós que lles disparan desde o Arsenal e desde o ACervera@.

O mesmo 21, a primeiras horas da mañá, encárgase ó comandante do rexemento de artillería, Sánchez Esperante, a misión de toma-lo Concello  e a Casa del Pueblo socialista. Organiza unha  batería de fusileiros ó mando do capitán José M0 Pagola, o futuro Xefe de Policía da cidade, e dúas seccións de  vinte  artilleiros, con dous canóns de montaña APlasencia@, de 9 cm. de calibre. Como apoio levan diante un camión blindado, preparado con chapas poucos días antes do levantamento. Descargan os canóns e adiántanos  a brazo  ata  deixalos a cincuenta metros do consistorio, todo  baixo tiroteo.

O edificio municipal amosa sacos terreros nas fiestras pero a súa resistencia será pouca. Ante a ameaza de ser canoneados, uns sesenta homes (o alcalde Santamaría, López Bouza, o tenente  de alcalde socialista Morgado, os concelleiros socialistas Del Río Barros, Dios Lojo e Rodríguez Sánchez, o de UR Pérez Lago, e o Xefe da Policía Municipal con  máis  de  corenta  gardas municipais  e mariñeiros do ACervera@), saen antes das nove e media da mañá e entréganse a Esperante, a quen o Comandante Militar da Praza xeneral Morales ordena se faga cargo da alcaldía. Minutos antes e en conversación telefónica Morales prometeu a Santamaría que non habería represalias se se rendían,  inda que   se aplicaría a lei con rigor. O total de detidos no Concello e a carón del ascende  a 125, que son trasladados en principio ó cuartel de artillería. Nos tres meses seguintes 41 deses detidos serán executados (só 6 fusilados tras   consello de guerra e 35 paseados). O derradeiro alcalde republicano de Ferrol será condenado a morte, pero escapará, escondéndose en Ferrol  ata   saír en 1939 nun barco pesqueiro a Francia.

As mesmas forzas de artillería asaltan  despois   a Casa do Pobo, Adefendida con fuego de ametralladora" segundo informes oficiais3. Fánse seis disparos de  canón contra ela e tómase ó asalto con granadas, entrando diante o tenente  Suances e tres soldados. Os defensores foxen  pola parte posterior.


Terminada a resistencia civil soldados artilleiros despléganse polos  tellados desde  onde disparan con ametralladora sobre o  cruceiro  ACervera@, que se rendirá ó atardecer do 21. Antes, ás tres e media,  xa o fixeron os mariñeiros de Brigadas de Instrucción. Os do AEspaña@ son os últimos en entregarse:  ás 7.30 do día seguinte. O mércores 22 de xullo o alzamento en Ferrol triunfou.

 

4.3. )Por que se perdeu Ferrol para a República?

Dificilmente sosteríase  a causa nacionalista en Galicia se a Base de Ferrol  ficase en mans do Goberno. Superior en efectivos á  de San Fernando, na base naval de Ferrol, sé  da División de Cruceiros, estaban días antes do18 de xullo os dous acorazados da flota (el AEspaña@ e o AJaime I@) con 1.700 homes cadanseu, e tres dos cinco cruceiros da Armada, os maiores e mellor  montados  desa   crase e con  máis  número de tripulantes, que sumaban outros 1.700 mariños.  Baixo o poder dos alzados San Fernando e Ferrol, obrigábase  á  flota republicana a manterse no Mediterráneo. O valor de contar coa base ferrolá para o dominio do norte de España era evidente, de  feito as instruccións de Mola ós sublevados da cidade revelaban esa importancia: ademáis de asegurar a orde pública en Ferrol, os seus navíos debían vixiar o litoral desde o Miño ó Bidasoa, impedindo  o desembarco do inimigo e o contrabando de armas, e apoiar o alzamento en Bilbao, Santander e Xixón.

Foi providencial para o éxito do levantamento a  saída do Arsenal dos cruceiros "Libertad" e "Cervantes" o día 18 con ordes gubernamentais  de dirixirse ó sur, xa   que eran os dous mellores barcos dos disponibles xunto ó acorazado "Jaime I", o día 19 en Vigo, que recibiu idéntica orde. O "España", prácticamente desarmado, tiña unha  tripulación de 864  homes na que se contaba un numeroso grupo de clases subalternas expulsadas polos sucesos de outubro do 34, logo  readmitidos polo Goberno da  Fronte Popular. O  cruceiro  "Almirante Cervera"  estaba en dique seco limpando fondos, cunha  dotación de 564 homes. Os outros buques do Arsenal non  tiñan gran valor militar, por anticuados ou por estar en reparacións: o destructor "Velasco", un dos  máis  antigos e peor armados da súa clase, en obras; o "Xauen" e o "Uad-Martín@, dous gardacostas comprados a Inglaterra trala l0 Guerra Mundial; os torpederos T-2 e T-7, os  máis  antigos da súa categoría, de pouca operatividade, e o vello transporte "Contramaestre Casado", sen armamento.


Os xefes da sublevación no Arsenal, a saber: o Xefe do Estado Maior da Base, capitán de navío Manuel Vierna, o seu irmán  Luis Vierna, capitán de fragata, o capitán de navío Francisco Moreno, xefe de armamentos do Arsenal, o seu irmán  Salvador Moreno, capitán de fragata e o Axudante Maior Ángel Suances, capitán de fragata,  contaron co apoio dos xefes de Brigadas de Instrucción,  Escola  de Mariñeiría e Academia de Maquinistas. Decisivo  ademáis   será contar entre os sublevados ó gobernador militar da praza, o xeneral de infantería  Morales, e os oficiais das forzas de infantería de Mariña   e de artillería de costa, que declaran o estado de guerra e ocupan o Concello  e a Casa do Pobo. Tamén se dispón da Garda Civil, ó mando do capitán Barba.

Os enlaces do xeneral Mola, o cerebro do golpe, estableceron contacto antes de marzo do 36 co contralmirante Castro Arizcun, na reserva, que tomará o mando da Base tralo alzamento; pero a dirección efectiva do levantamento en Ferrol mantéñena os irmáns Vierna e os Moreno; con Salvador Moreno conectan a primeiros de xullo os tenentes xurídicos Garicano Goñi e Otero Goyanes, axentes de Mola en A Coruña.

A pesar de non participar no deseño principal da conspiración sucedeu en Ferrol o mesmo que no resto das bases navais, a maioría dos xefes e oficiais, descontentos coa política da República de favorecer ás clases subalternas da Armada, uniuse á  sublevación por motivos corporativos, mentres que a mariñeiría permaneceu fiel ó Goberno. Isto permitiu que a maior parte dos buques se mantivese leal a pesar da sublevación dos xefes. Se a batalla decisiva polo control da cidade librouse no Arsenal, determinante foi a morte do líder dos mariñeiros do AEspaña@, o oficial de artillería Dionisio Mouriño. Este suceso foi  mitificado na bibliografía de primeira hora. Mouriño  saíu do acorazado, sobre as sete da tarde do 20, dirixindo a douscentos mariñeiros coa intención de rendir ós sublevados que dominaban a Porta do Dique do Arsenal, levando diante a dous oficiais como reféns. Desde a caseta de garda nesa porta, o capitán de corbeta Díaz del Río dispara a Mouriño, que cae morto. Antes, ó parecer, o propio Mouriño disparou  á súa vez contra o capitán, dándolle na gorra. Os mariñeiros do AEspaña@ retiránse entón polo Campo de Deportes, mentres lles disparan desde a  escola  de Maquinistas e desde Capitanía.

Retidos nos seus barcos, sen poder contactar cos traballadores ferroláns, os mariños fieis ó Goberno non tardarán en rendirse; o martes 21, dous hidroavións de Marín lanzan bombas e proclamas ó lado do transporte "Casado" e a tripulación, que tiña ós oficiais encerrados, ríndese.


Desde a madrugada do 21  ata  o caer da tarde, as forzas que dominaban a Porta do Dique, mariñeiría de procedencia diversa reforzada con artilleiros e persoal de intendencia, sosteñen un fogo continuo coas dotacións do ACervera@ e do AEspaña@. O primeiro destes buques comenzou a disparar os seus canóns ás 9 da mañá, utilizando primeiro as pezas de 47 mm.,  despois   as de 76 de desembarco, e por último realizou polo menos un disparo co canón de 152 mm. de proa que derrubou unha das arcadas da terraza de Armamentos. Segundo  o relato do capitán de navío Francisco Moreno,  nomeado  Xefe do Arsenal, nun informe4 dirixido ó Xefe da Base Indalecio Núñez, a invitación a rendirse que lle envía ó comandante do ACervera@ a media mañá Afue contraproducente; tampoco produjo ningún efecto el bombardeo de los hidros que fueron acogidos  con un vivo fuego de fusilería por el buque@. Ás sete da tarde, a  saída do ACervera@ do dique, xa a flote, parecía inminente, sen embargo desde o  cruceiro  pídese parlamentar. Francisco Moreno  diríxese entón co tenente  de navío do ACervera@ Sánchez Pinzón á  Xefatura da Base  onde  se acorda a rendición coa condición de que non se tome represalias contra a dotación do buque, e co fin de evita-lo derrama­mento inútil de sangue. Recóllese no texto que no barco hai civís (obreiros do asteleiro, mulleres -cargadoras de carbón- e nenos), que serán desembarcados sen armamento. Asinan Indalecio Núñez, xefe da Base Naval, e Sánchez Ferragut, comandante doACervera@.  O primeiro será ó pouco removido do seu cargo, o segundo condenado a morte  e as condicións pactadas esquecidas.

Mentres, ó capitán de navío Francisco Moreno lle chega a noticia de que o acorazado AEspaña@ tamén desexa capitular, o que fará na mañá do 22. Entre os rendidos figuran suboficiais e mariñeiros doutros buques e dependencias,  estando tamén a bordo uns cincuenta operarios do asteleiro militar da Maestranza.

Respecto ós outros navíos do Arsenal, o gardacostas "Xauen" saíra ó  mar, porque o seu comandante pensaba que alí controlaría mellor á  tripulación, pero ésta rebélase contra os oficiais e dirixe o barco a Málaga. O gardacostas "Uad-Martín" colaborou no levantamento   militar, coma o destructor "Velasco", detendo ó torpedero T-2, onde a dotación tomara o control e levara o buque a Pontedeume o 21.

Só os cruceiros "Libertad" e "Cervantes", e o acorazado "Jaime I",  que saíran cara ó sur por estar en situación de navegación e combate,  mantivéronse leais ó Goberno  pola acción de suboficiais e mariñeiría, podendo unirse á  flota republicana. Probablemente Ferrol estaría gañado para o bando sublevado  se permaneceran en  Galicia estes tres navíos, que contaban con cerca de dous mil homes. Perdida  a base naval de Ferrol, perdíanse tamén dous modernos cruceiros -o "Canarias" e o "Baleares"- e  catro minadores, que  de seguida prestarían servicio ós sublevados. O AEspaña@ e o ACervera@ serían, xunto ó AVelasco@, as principais armas do bloqueo dos portos da costa norte republicana e  da conquista de San Sebastián.

 

 4.4. Primeiros efectos da sublevación.


A sublevación contra o Goberno republicano en Ferrol produxo  trinta    e dous mortos nos  enfrontamentos, dous menos que na capital da provincia. A cifra de afectados por arma de fogo nos tres días de  enfrontamento en Ferrol ascendeu a 121, máis  dun tercio civís. O elevado número de baixas civís reflicte a confusión reinante, onde a violencia desatada non foi despreciable, e que e os ferrolán botáronse á rúa para defender á  República,  inda contando con poucos medios.

Os xefes da sublevación establecen   unha    primeira organización de mando en Ferrol, baixo a autoridade do xeneral de brigada  Morales. Con funcións de alcalde exerce desde o 24 de xullo o capitán retirado Vázquez Permuy, da directiva de DRG-CEDA. Para exercer a censura de prensa é designado ó tenente  coronel de Infantería Vázquez. Da orde pública faise cargo o capitán da GC Jesús Barba, mentres outros oficiais encárganse de telégrafos, teléfonos e de tranvías e transportes.

O  persoal de ferrocarrís queda mobilizado desde o 25, debendo usar como distintivo un brazalete amarillo e en caso de non presentarse ó  traballo incurrirá nas penas previstas no Código de Xusticia Militar. Desde o 1 de agosto, por orde do Comandante Militar da Praza, queda militarizado o persoal da Constructora Naval.

 Ata  principios de agosto non se crea a primeira xestora municipal, integrada por militares na reserva e militantes de CEDA, que preside Vázquez Permuy.  O 18 de novembro constitúese unha nova Corporación:

 Como Alcalde-Presidente Antonio Vázquez Permuy (capitán de navío, na reserva, 70 anos); 11 tenente  de Alcalde Victoriano Sánchez Barcaiztegui (contralmirante  retirado, membro de varios consello s de guerra); 21 Ten. de Alcalde: Juan Balás Loureiro (enxeñeiro industrial, falanxista); 31 Ten. de Alcalde: Evaristo Martínez (propietario); 41 Ten. de Alcalde: José Buceta (médico e propietario); 51 Ten. de Alcalde: Rogelio Rodríguez (mariño de  guerra, retirado); concelleiros: Francisco Rodríguez (xefe de intendencia de Mariña, retirado), Javier Casares Bescansa (médico da Armada, retirado), Emiliano Pastor (propietario),  Oscar Pastor (enxeñeiro químico, falanxista); o resto de concelleiros son un obreiro, dous propietarios e  catro comerciantes.          

A finais  de xullo noméase o capitán de navío Francisco Moreno, asistente de Franco na dirección da represión en Asturias en 1934,  como Xefe da Flota Anacional@.

Como primeiras medidas das novas autoridade militares en Ferrol podemos destacar: a requisa de armas e radios; os rexistros domiciliarios; un horario restrinxido de apertura de bares; o cese duns trinta empregados municipais: albaneis, peóns, ordenanzas, de arbitrios, conductores..., e o emprego do vapor de pasaxe da Trasmediterránea APlus Ultra@ como prisión, sendo  fondeado fronte á  dársena do Arsenal e enchéndose antes de terminar xullo con seiscentos detidos. A primeiros de agosto do 36, o alcalde ferrolán   ordena que se retiren os carteis da Fronte Popular das eleccións de febreiro e os do referendo do Estatuto de Autonomía. Ese mes os falanxistas instalan o seu cuartel xeneral na Academia de Maquinistas do Arsenal,  onde  se celebrarán moitos  consellos de guerra.


O principal cambio respecto ás corporacións republicanas do Concello de Ferrol é o menor número de sesións plenarias que se celebran agora e a disminución de asuntos políticos e de xestión tratados;  cando  antes as reunións eran semanais, nos cinco últimos meses do 36 celébranse seis sesións, tres para elixir xestoras municipais. O intento de borrón e conta  nova é a actitude que se impón no modo de actuar: restablécense os nomes das rúas da época monárquica pero incorporando novas denominacións, como o cambio de ACalle Real@ polo  de ACalle del Ilustre General Franco@ (18 de novembro de 1936), e logo aparece a nova denominación da cidade: AFerrol del Caudillo@.

O mediodía do sábado 15 de agosto de 1936 noméase  Xefe do Arsenal Militar ó contralmiran­te retirado Luis de Castro Arizcun,  e Ferrol recibe o primeiro  bombardeo aéreo da súa historia: un trimotor ()un Fokker F-VIIb de LAPE, procedente de Madrid?) deixa caer bombas sobre a Constructora Naval e inmediacións. Como resultado do ataque, contestado polos canóns do ACervera@, prodúcese a morte dun obreiro e varios feridos, entre eles dúas mulleres e dous nenos -segundo outras fontes serían tres os mortos e once os feridos-. Entre ese día e o 28 de setembro,  cando  as bombas causan  catro mortos e varios feridos en Mugardos, Ferrol sofre seis ataques aéreos, o que  leva ás autoridades militares a facer  públicas medidas de protección, como determinar zonas de refuxio: a estación do tren, dúas oficiñas bancarias, as igrexas das Angustias, San Xiao e San Francisco; a  escola do traballo -na rúa Galiano- e o cine Ferrol.  Ademáis   disponse o oscurecemen­to da cidade, ó prohibirse o alumado público e comercial a partir das nove do serán. Ferrol prepárase para a guerra, pero a violencia vai vir desde dentro.

Libraría Central Libreira. Rúa Dolores nº 2   15402 Ferrol
http://www.centrallibrera.com   http://www.deferrol.com http://www.leergratis.es  Tel
éfono 981 35 27 19

 

CAPÍTULO V. O PROCESO REPRESIVO EN FERROL.

5.1. Procedementos represivos.

A represión é unha acción do poder político realizada con violencia ou coerción, polo  que nela caben  malos tratos, torturas, execucións, e accións de tipo administrativo para castigar a persoas e a sociedades por motivos políticos. Nesta investigación centrámonos na aplicación máxima e irreparable da violencia: a morte  do represaliado.

Dous grupos forman os axustizamientos na comarca ferrolá desde xullo de 1936:

-11 Por sentencias de   consellos de guerra que condenan a morte  por suposta rebelión militar, auxilio ou adhesión á  rebelión, traición, sedición e outros delitos contemplados nos códigos militares; os executados deste grupo son dous centos e medio.

-21 Por execucións irregulares, sen xuizo,  afectando a  máis  de  catrocentos represaliados; en aplicación do disposto nos bandos que declaran o estado de guerra, como nos casos das dotacións de mercantes republicanos capturados na costa norte, ou xustificando paseos por supostos intentos de fuga, como son os casos de dirixentes políticos de Ferrol.

A aplicación do bando de declaración do estado de guerra, vixente  na provincia da  Coruña desde o 20 de xullo, permitiu o fusilamento dun bo número de  persoas; concretamente    seguindo o  artigo 41, que prohibía baixo pena de morte a tenencia de armas. O Código de Xusticia Militar de 1890 contemplaba o bando como fonte de delito, de  maneira  que o bando veu a significar na práctica, nunha situación de preeminencia da xurisdicción de guerra e dos códigos militares sobre os civís, a ampliación da competencia da xurisdicción castrense e a elaboración dun  Dereito penal que desnaturalizaba o contido do delito de rebelión militar. O CXM cualificaba como rebelión militar (art. 237) o alzamento en armas contra a constitución do Estado, contra o Rei, os Corpos Colexislado­res o o Goberno lexítimo, pero o 30 de xullo de 1936, sen embargo,  publicouse un bando da Junta de Defensa Nacional1 que no seu  artigo 61 consideraba como rebeldes, con efectos xudiciais, ós que propalasen noticias falsas ou tendenciosas, ós posuidores de armas de fogo ou substancias inflamables sen permiso, ós que celebraran reunións, conferencias ou manifestacións ou asistiran a elas, e non estiveran autorizadas previamente. Este bando, en vigor ata 1948, serviu logo tanto para execucións sen xuizo como para condenas en consellos de guerra.

 

5.2. As prisións de Mariña.


Os lugares empregados para ese fin en Ferrol foron instrumentos que favoreceron o proceso represivo, abertos á  intervención de axentes  ás ordes do Xefe de Policía ou de milicianos ó servicio do Delegado de Orde Pública, para eliminar ós encerrados que escolleran, puidendo dispoñer dos detidos tanto os xuices instructores para interrogatorios sen presencia de avogado defensor -co uso da tortura- como os paseadores do mencer.

Utilizáronse varios lugares como prisións: no Arsenal os cárceres da "Escollera"   e San Campio (antigo "Cuartel de Presidiarios": o edificio rectangular de dúas prantas que hoxe ocupan a Biblioteca e o Museo Naval), ademáis de buques como o de pasaxe APlus Ultra@, o transporte  militar AContramaeste Casado@ e o mercante AGenoveva Fierro@ apresado polo destructor "Velasco"; e cuarteis e a fortificación de San Felipe para os presos do Exército.

Das prisións de Mariña coñecemos o número de detidos  e  a súa evolución (no apéndice). O APlus Ultra@ foi presidio desde finais  de xullo  ata  outubro do 36, cunha media de ocupación de cincocentos detidos. O "G. Fierro", capturado o 3 de setembro, prestou servicios como tal en outubro e novembro antes de ser utilizado como minador, cunha ocupación media de 240 detidos. A partir do 1 de decembro hai  datos do ACasado@, que albergou como máximo a 190 reos. Os 567 detidos do APlus Ultra@ a 26 de xullo son todos da Armada, deles 6 son oficiais e o resto auxiliares, maquinistas, cabos e mariñeiros. O 10 de agosto embarcan nese buque da Trasmediterránea 57 civís que proceden do cuartel de artillería e 36 do cuartel de infantería de Mariña, o que faría chegar o número de detidos  a uns 650, que sumados ós da "Escollera"  daría unha    cifra aproximada de 820 encarcelados.  Son os buques APlus Ultra@ e AGenoveva@, sobre todo o primeiro,os que ofrecen unha  maior ocupación,  pero  en menos tempo que a "Escollera", o principal centro de detención, cunha media de douscentos reos nos tres anos da guerra. A primeiros de setembro do 36 había 788 apresados nás cáreceres da Mariña;  logo as cantidades redúcense, con altibaixos en 1937 -entre 165 e 441 encarcerados- para manterse superando os douscentos en 1938 e 1939.

Demostra a documentación das prisións da Armada que os executados irregularmente entre agosto e outubro de 1936 son sacados da "Escollera"  e do APlus Ultra@ por mandato do Delegado  de Orde Pública, o capitán da Garda Civil Victoriano Suances, ou do xefe de Policía, o capitán de artillería Pagola. A etapa de paseos coincide co cargo de Suances,  desde o 10 de agosto a finais de outubro. O número de paseados sacados das prisións neses  tres meses, entregados a garda civís, milicianos ou axentes policiais, é de 134 (lista nominal no apéndice).

 

5. 3. A violencia diaria.


En Ferrol os primeiros fusilados, o 26 de xullo, son  veciños de Betanzos; trátase de Julio Sas e Tomás Fuente, executados por hostigar ás forzas militares na estrada que  leva a esa locali­dade,  segundo  a versión oficial. O fusilamento, por un piquete do rexemento  de infantería de Mérida 35, tén lugar no  cemiterio de Canido. A prensa difunde que se lles  aplicou o art. 41 do bando de estado de guerra, que castiga a tenencia de armas.

O primeiro veciño de Ferrol fusilado é Pedro López Amor, oficial de máquinas do acorazado "España". López Amor  segundo  a prensa sería condenado a morte por sedición a bordo do "España", en   consello   de guerra de oficiais xenerais  celebrado o 29 de xullo. Ó día seguinte, o  xoves  30 de madrugada, Amor morre polos disparos dunha  sección de infantería de Mariña no  cemiterio de Canido. Non achamos nos arquivos o sumario aberto contra López Amor, que entra o 26 de xullo no APlus Ultra@, do que desembarca o 29 por orde do Estado Maior da Base, polo  que consideramos como probable que o maquinista  fora fusilado sen sentencia, por aplicación do bando declaratorio do estado de guerra, dada a extrema rapidez coa que se obrou  neste caso. De ser así, o primeiro  fusilado tras   consello   de guerra sería o contralmirante Azarola, o 4 de agosto.

O13 dese mes o concelleiro  do PSOE Manuel Morgado e o empregado municipal Fernando Carballo (de Unión Republicana), presidente do Comité da  Fronte Popular de Ferrol, son fusilados no cuartel de artillería. tras sentencia de consello  de guerra, e ata   trinta  e dous mariñeiros do AEspaña@ serán pasados polas armas en decembro de 1936.  Pero non é necesaria a celebración dun proceso sumarísimo como os sinalados, xa  que  as máis das veces pásase polas armas sen xuizo. O 15 de agosto, por un suposto intento de rebelión no cuartel de Dores (o de infantería de Mariña), son fusilados sen xuizo nove ferroláns, entre eles un pai e  o seu fillo (Gonzalo Seoane, 39 anos, obreiro da construcción naval, e Pedro Seoane, de 18 anos, libertario) xunto a un tío de Pedro, Francisco Pita, de Castro-Narón, e traballadores do asteleiro -dous de 21 anos- e un mozo de 17 (Vicente Couce, de Juventudes Libertarias, que no alzamento enfrontárase ós de artillería nas rúas cunha pistola).


Ó día seguinte, son  sacados do APlus Ultra@ quince que son abatidos no  cemiterio de Canido. Un deles é Xaime Quintanilla Martínez, presidente da Federación Provin­cial Socialista. Un médico de profesión, que contaba 45 anos e deixaba viúva -a mestra  Ángela Ulla- e dous fillos. Fora o primeiro  alcalde de Ferrol na República, manténdose  ata  1936. O seu  ingreso no APlus Ultra@, como detido  de Mariña  prodúcese o 27 de xullo, este día o auditor da Base Naval Rendueles ordena que o manteñan  preso nese barco, sendo  desembarcado o 16 do mes seguinte por orde do Delegado  de Orde Público, o capitán Suances. Quintanilla xa   fora detido en dúas ocasións desde o alzamento, as dúas na súa casa2. Na primeira, axentes de policía revisaron o seu domicilio con esmero,  ata os libros e revistas da súa biblioteca sufriron a pesquisa, quedando esparcidos  pola habitación, levándose logo  ó médico que sería liberado ó día seguinte. Na segunda ocasión, os que veñen a buscalo traen orde xudicial,  aínda que Quintanilla non foi, que saibamos, procesado en ningunha causa.

Juan García Niebla,  mestre, da Institución Libre de Enseñanza, é outro deses quince. A súa  escola de Canido foi visitada polo  periodista e político Luis Bello  en 1930, do encontro escribiu en El Sol de Madrid: "García Niebla dá clase a  máis  de 100 nenos -130 de matrícula- nun barracón de madeira, que foi de Sanidade  e logo  dos exploradores. (...) hai  alí orde, abundancia de material, e sobre todo: a  escola  vive." O seu ingreso no APlus Ultra@  tén lugar o 11 de agosto,  saíndo o 16, entregado con Quintanilla a axentes da orde pública.

A versión oficial sobre a morte  de Niebla e Quintanilla é exemplo da xustificación de crimes por referencias a pescudas e,  conxuntamente, por  supostos intentos de fuxida. A comunicación da Delegación  de Orde Pública de Ferrol, publicada na Voz de Galicia o 18 de agosto baixo o titular "QUINCE FUSILADOS POR DESARMAR A LOS FALANGISTAS", sinala que varios detidos no "Plus Ultra" son conducidos por forzas da GC e falangistas, de noite, a un lugar non concretado, co obxecto de "practicar gestiones sobre un supuesto depósito de armas y concretar cargos",  cando  de repente os detidos lánzanse en masa sobre os gardas, tralo chamamento de García Niebla "a por ellos  y abajo los fascistas",  desarmando a dous falanxistas, é entón  cando  o xefe da GC dá orde de disparar e morren os detidos.Os quince son enterrados nunha    foxa común do camposanto de Canido, como consta no rexistro deste  cemiterio. A versión de que Quintanilla e os demáis  foron fusilados no castelo de San Felipe no tén razón de ser; hai  que afirmar que o homicidio tén lugar en Canido, onde  se producían  case a diario os paseos de grupos enteiros de presos doAPlus Ultra@ e da "Escollera". Non ten sentido que o Afusilamento@ fose no castelo e que os corpos fosen levados ó  cemiterio de Ferrol. Os  paseados eran eliminados  ó carón da súa sepultura. Ademáis, na acta de defunción estendida no rexistro civil ferrolán  o 8 de setembro de 1936,  cando Ferrol non tiña anexionado aínda a Serantes, faise constar que Xaime Quintanilla  morreu en: Aesta ciudad@, e por outro lado, Quintanilla era un preso de Mariña, e o castelo de San Felipe era un edificio do Rexemento de Artillería, do Exército.

Un escrito do capitán Pagola, xefe da Policía, dirixido ó Comandante Militar de Ferrol o 17 de agosto, ofrece a explicación oficial das mortes,  e dá os nomes de dous do grupo executor: o falanxista G. Blanco e o garda civil Casanova3.


Entre os paseados o 17 de agosto atópanse o tenente  de alcalde de Mugardos Ramón Ríos, sacado tamén do APlus Ultra@, e Alfonso Abrodes Rey, obreiro da construcción naval, de 23 anos, procesado na causa 212/36, a parte de  catro militares procesados na causa 58/36 por sedición a bordo do AEspaña@; un deles é Alfonso Raja, auxiliar naval. Os outros tres encausados son o auxiliar Manuel Serantes,  e os maquinistas Ángel Monteagudo e Cipriano Canosa, todos en prisión preventiva no APlus Ultra@.

Ó día seguinte, o martes 18, oficiosamente nun monte de San Felipe, son abatidos dez presos da "Escollera",  segundo  nota da Delegación  de Orde Pública ó intentar  fuxir, entre elas o cenetista Mario Rico, obreiro da Constructora Naval, Guillermo Cedrón (do PCE), Venancio Pérez Blanco (comunis­ta, secretario da Juventud Socialista Unificada de Ferrol), o concelleiro   socialista de Fene Andrés Iglesias, o militante do PCE Carlos Pérez Fachal e o traballador do Concello Manuel González Díaz.Os seus cadáveres foron sepultados no  cemiterio de Canido. Alomenos dous asasinados estaban procesados. Venancio Pérez estaba imputado na causa  39/36 polos sucesos no ACervera@ o 20 e 21 de xullo, pendente dunha condena de doce anos  a petición do fiscal por agresión á forza  armada. Foi sacado antes da celebración do consello de guerra,  con outros detidos, e paseado, como demostra este escrito do  Delegado  de Orde Pública, o capitán Suances, dirixido ó xuíz instructor do sumario o 20 de agosto e que xustifica o  feito coa chamada lei de fugas 4:

En contestación a su escrito de 19 del actual, tengo el honor de manifestar a V.S. que el paisano Venancio Pérez Blanco, detenido en la Escollera, fue quitado por la fuerza pública, de dicha prisión, en la madrugada de ayer y en unión de otros varios detenidos, para practicar una diligencia relacionada con la existencia de un depósito de armas y documentación en los montes de San Felipe, y al intentar fugarse, fue muerto por la Fuerza Pública.

 

Tamén o empregado municipal Manuel González, detido o 21 de xullo ó rendirse o  concello ferrolán, estaba procesado, no sumario 262/36 por rebelión militar. O informe de Pagola dirixido ó  xuíz  instructor  desa   causa, o tenente  Nieto, o 18 de agosto, di del:

(...) es sujeto de pésimos antecedentes, comunista destacadísimo, que en la huelga revolucionaria de Octubre, fue uno de los agresores a los guardias municipales que estaban de servicio en el Transformador del Teatro Jofre y de cuyo hecho fue condenado por el Consejo de Guerra que le juzgó; al ser amnistiado con motivo de las elecciones últimas, al llegar a Ferrol y desde los balcones de la Casa del Pueblo, arengó a la muchedumbre para el triunfo de la revolución social. Es supuesto agresor de los Tenientes de Artillería, hecho ocurrido en la tarde del día 19 de julio pasado y fue uno de los que repartieron las armas en el Ayuntamiento, tomando parte activísima en la agresión a las fuerzas al salir éstas a la calle5. 


 

 Catro días despois, un novo  escrito do capitán Pagola dirixido ó  xuíz  instructor Nieto: 

(...) tengo el honor de poner en su conocimiento, que en la madrugada de ayer y con objeto de practicar algunas diligencias respecto a armas y documentos que según el significado anarquista Mario Rico Cobas, tenían los del Frente Popular escondidas en los montes de San Felipe y La Graña, intentaron fugarse el citado Mario Rico y otros individuos, por lo que los que les conducían hicieron fuego sobre ellos, resultando muerto el mencionado, MANUEL GONZÁLEZ DÍAZ y otros significados marxistas 6.

 

Este tipo de escritos falsean totalmente os feitos. Os homicidios prodúcense en Canido.  Ademáis   dáse a circunstancia de que varios dos  falecidos, detidos o 21 de xullo cerca do Concello, foran interrogados polo  xuíz  da 80 División tenente  Nieto, instructor da causa 182/36, que decide a súa liberdade o 17 de agosto por non existir cargos polos que poidesen ser procesados.

Con esta nota e outras semellantes publicadas na prensa evidénciase a responsabilidade  das autoridades na represión violenta. Non só se practica o terror, faise publicidade del para darlle maior efectividade .


O  20 de agosto é  asasinado en Ferrol ó excrego Matías Usero Rey-Torrente, de Unión Republicana. Usero era personaxe  moi popular na cidade, na que nacera en 1875. Estudiou  Dereito Civil e Canónico en Santiago, ordenándose en Mondoñedo. Exerceu  despois   como misioneiro e arcipreste en América, ingresando na Orde Salesiana, na que ocupa altos postos, e percorre Europa e Asia dando conferencias e estudiando as diferentes relixións.  A súa posición liberal ocasiónalle problemas coa xerarquía eclesiástica,  ata  o punto de que se lle prohíben parte das súas funcións sacerdotais. Ó chegar ó convenci­mento de que todas as relixións téñen unha verdade  relativa abandona o sacerdocio. En 1928 milita no PSOE e en 1935 é vicepresidente do comité local de UR­. É coñecido como orador e erudito, amigo de Quintani­lla, do pintor Bello Piñeiro, de Castelao e do marqués de Amboage; o seu irmán  Antonio fora alcalde de Ferrol na dictadura de Primo de Rivera, pero nada lle salva de ser pasado polas armas. Detido o 24 de xullo no seu domicilio de San Felipe (Serantes) ábreselle  unha    causa, instruída polo tenente  de cabalería Nieto. O fiscal, o 25 de agosto, resume os cargos dicindo que o procesado dedicábase a "recoger noticias auténticas o falsas por radio, que comunicaba al pueblo y soldados@7, engadindo que no rexistro domiciliario se lle ocuparon Ados escopetas de caza y otra de salón, municiones y un aparato de radio de gran potencia@. O caso non chega a xuizo porque o 20  dese   mes Usero é sacado do cárcere de Ferrol por axentes do Delegado  de Orde Pública, co fin, dise en nota do director da prisión unida ó sumario, de trasladalo á  "Escollera"   por mandato do xuíz  Nieto. O  falecemento  explícao o  capitán Pagola, en escrito ó mesmo xuíz:

Consecuente a su respetable oficio de fecha de ayer, tengo el honor de poner en su      conocimiento,   que al ser cumplimentado el mismo y al trasladar de Prisión al detenido a disposición de su Autoridad en       unión de outros individuos, el ex-sacerdote Matías Usero Torrente, intentaron fugarse, consiguiéndolo     dos individuos que se encontraban a disposición Gubernativa, por lo que la Fuerza que los conducía se         vio en la precisión de       hacer fuego sobre los que huían, resultando muerto el referido Matías        Usero y otros tres más.8

 

A nota explica a morte  por disparos de Usero e cinco  máis, inscritos no rexistro civil ferrolán o 21 de agosto, detidos no Concello  ou proximidades un mes antes. Os seis foron sepultados en Canido, probable lugar da execución, como  case trescentos casos (que figuran no apéndice). Con Usero morrerían José Bueno, militante socialista, propietario dun  quiosco no Cantón de Molins;  Pedro Almazán, un mestre militante do PCE, de Narón; Manuel Teijeiro Williman, dirixente comarcal de UGT, Francisco López Chas,  27 anos, presidente de JSU de Ferrol, e Manuel Pérez Verdura,  garda municipal. A estes cinco o  xuíz  Nieto decretara a súa  liberdade   o 17 de agosto, a pesar do cal permanecían detidos na "Escollera",  saíndo dela o día 20 para ser entregados á  Garda Civil por orde de Suances,  segundo  consta na relación de alteracións do cárcere.

O 27 de agosto, un novo  paseo múltiple tén como escenario Canido; as víctimas son: Antonio Canosa, estudiante de 20 anos, detido no APlus Ultra@ ata o seu desembarco o día anterior por orde do Delegado de Orde Pública, xunto a Francisco Cela, socialista, peón, de 26 anos; Manuel Argüeso, sindicalista de CNT; José Novás, mestre  de Mañón, afiliado a FETE-UGT, procesado na causa 215/36 por suposta rebelión militar; Antonio Deza,  presidente en 1933 da Asociación General de Dependientes de Comercio ferrolá, de UGT,  secretario de IR na cidade, e Rodrigo Rodríguez, socialista de Serantes, que fora vicesecretario da Agrupación Socialista de Ferrol. Os dous últimos saíron da "Escollera"  o 26, entregados a forza pública por  orde  de Suances.


O domingo 30 é abundante en víctimas da represión, entre os dezaoito que caen ese día aparecen sete tripulantes do ACasado@, executados tras consello de guerra, e once sen xuizo, entre  eles: o fillo do alcalde Santamaría, Pablo Santamaría Mendiola, detido desde xullo no cuartel de Infantería de Mariña, que entra o 10 de agosto no APlus Ultra@ e é desembarcado o 29 por petición do capitán Pagola; os irmáns Clavero de la Iglesia, un tipógrafo e outro cabo de artillería, ambos de ideoloxía socialista, que con Alfonso Cendán, outro militante socialista, foron sacados da "Escollera", e  José López Bouza, que presidía a agrupación ferrolá de Izquierda Republicana  e a Diputación Provincial, exgobernador civil en Lugo e Ourense. López Bouza fora condenado a cadea perpetua en   consello   de guerra celebrado o 12 de agosto, trasladado logo   ó "Plus Ultra" e sacado dalí, como Quintanilla e García Niebla, para ser paseado en Canido, onde  foi sepultado; o mesmo  lle sucedeu a Miguel Mendiguchía, capitán retirado de Infantería, militante de IR, condenado a perpetua no mesmo   consello  que Bouza e paseado o 25 de agosto  xunto a  veciños de Cedeira, Narón, Ares, Fene, Pontedeume..., en accións xustificadas oficialmente polo Xefe de Policía de Ferrol.

Na madrugada do 6 de setembro, o mes de maior número de execucións na comarca ferrolá (220), son paseados nas inmediacións de Canido vintecatro homes;  a maior parte deles proceden de diversas localidades: once son de Cariño (tres irmáns), dous de Cerdido, un de Cedeira..., xunto a veciños de Ferrol, como o funcionario de Correos Victoriano Requeijo, vicepresidente do Círculo Socialista del Centro.

Tampouco faltan mulleres na fatídica lista: María Abella, secretaria do Grupo Feminino Socialista, é unha  das fusiladas o 12 de setembro; o domingo 20 caen cinco mulleres, entre as que achamos á socialista María Otero e  á Mérida Jiménez, secretaria da Agrupación contra la guerra y el fascio; o día 23 dúas  máis  caen baixo as balas: Milagros Nidáguila, militante de JSU, acusada na prensa de estar a bordo do cruceiro "Almirante Cervera" no motín do Arsenal, detida por axentes da Delegación  de Orde Pública o 8, e a directiva ugetista de Cargadoras y Descargadoras na cidade, Josefa Gómez, que presidira  ademáis   o Grupo Femenino Socialista. Josefa, unha das mulleres que a cotío no porto cargaban os barcos con cestas de carbón á cabeza, foi acusada oficiosamente de suministrar ese combustible ó acorazado "España".


O 10 de setembro cae o anarquista Francisco Iturralde Cabeza de Vaca, creador da "Escuela  Racionalista". Detido a principios de agosto  pola GC de As Somozas,  onde  se agachaba coa súa familia, pasa á  prisión da "Escollera"   e se lle abre un sumario por manifestacións contra o alzamento, Aabandonando el  trabajo dirigiéndose al Ayuntamiento donde  permaneció  hasta  momentos antes de  salir el Ejército a la calle@ 9. A causa aberta a Iturralde queda sobreseída o 22 de agosto, pero permanece na "Escollera"como Adetido gubernativo@,  ata que o 9 de setembro é entregado a axentes do Delegado  de Orde Pública, para ser paseado no  cemiterio de Canido. A súa muller e os seus seis fillos saen para Lugo ós poucos días. Dúas xornadas despois, o sábado 12, morre de igual forma Arturo Noguerol, secretario do concello de Serantes, xerente da revista cultural  "Nós" desde o seu primeiro  número, en 1920,  ata  1923. Noguerol publica entre 1920 e 1930 once  traballos nesa revista dirixi­da por Vicente Risco e Castelao.  Anque non ten  actividade  política destacada, é detido a principios de agosto por "propalar noticias  tendenciosas",  segundo  nota na prensa, pasando á  cárcere da "Escollera", da que sae supostamente en  liberdade   o 6 de setembro.

O 13 de setembro, ás seis media da tarde, en  cumprimento de sentencia de   consello  de guerra pásase polas armas na Galería de Tiro do Arsenal a Santiago Expósito, un obreiro da construcción naval, de Izquierda Republicana. O tribunal militar considérao culpable de insulto á  forza armada, ó ser autor de disparos ás forzas de Infantería de Mariña, sen causar baixas, na rúa Taxonera, nos días do alzamento.

O martes 15  dese   mes son fusilados  catro tripulantes do vapor de transporte AAlfonso Senra@, capturado  catro días antes polo  bou armado ACiriza n1 4" á  altura de Xixón. Este barco saíra de Barcelona con destino a Bilbao  cun cargamento de víveres (patacas, alubias, viño, fariña e azucre) sendo requisado polo Goberno da República en Málaga, o 4 de setembro, ordenándoselle facer  porto en Xixón e Santander. O ASenra@ debía chegar de noite ó porto asturiano coas luces apagadas,  seguindo as indicacións do  Acomité rojo@ do barco. Os  catro fusilados son membros dese   comité,  segundo  a declaración do mesmo capitán do vapor: o oficial 21 Carlos Mayobre, de Ferrol; o 21 maquinista Arturo González, de Xixón, e os mariñeiros Faustino Dios, de Camariñas, e Eduardo Angustia, de Pontevedra. Con data do 14 de setembro propón o auditor da Base Naval Rendueles nun escrito dirixido ó vicealmirante Núñez, Xefe da Base, o fusilamento dos  catro tripulantes, Acomo comprendidos en el Bando de Guerra@10, e a incautación para o ATesoro Nacional@dos víveres do ASenra@ e 1.200 pesetas achadas a bordo. O fusilado Mayobre entrega para os seus familiares: un catecismo, o seu  nomeamento de oficial e unha carteira con fotografías.

O mesmo 15,  sinalado para a execución, o auditor propón outro fusilamento:

(...) por haber hecho disparos a a fuerza de Infantería de Marina en el campo de Batallones, causándole un herido, propongo a V.E. que como comprendido en el Bando de Guerra, a las seis de a tarde de hoy sea fusilado en el Arsenal, el marinero fogonero Juan Miró Melón, que pertenecía al Cervera11.

 

O  16 de setembro, entre dezaseis  asasinados no  cemiterio parroquial de Serantes achamos a un albanel, un pintor, un profesor de música e un mozo de só 18 anos, José Ares Abelleira, de Juventud Socialista Unificada de Serantes, responsable de propaganda no PCE ferrolán. Tres alomenos foran detidos por axentes de Suances, segundo El Correo Gallego.


O procurador Guillermo de Cal  falece tamén o 16 de setembro de 1936, a carón do cemiterio de Maniños-Fene, a consecuen­cia de "disparos de fusil  hechos  por la guardia civil al pretender  huir",  como reza a inscrición no rexistro civil. Ó día seguinte,  outra acción de Rendueles, aceptada polo  Xefe da Base Naval, provoca a execución de quince tripulantes  máis doAAlfonso Senra@. O escrito do auditor  sinala:

Como resultado de la información practicada en el día de ayer, he comprobado que los individuos de la dotación del vapor AAlfonso Senra@ que al dorso se reseñan, todos los cuales confesaron pertenecer a Asociaciones marxistas, durante el viaje de dicho buque mantenían y auxiliaban la actuación del Comité rojo del mismo, dejando sin efecto el mando del Capitán con el fin de hacer llegar a manos de los rebeldes del Norte el cargamento de víveres que el barco conducía por disposición del Comité de Guerra del Frente Popular de Málaga.12

 

O texto tén  data de 17 de setembro, e a execución prodúcese ás doce  desa   mesma noite, en Canido.  Máis  de 2.500 pesetas das víctimas son incautadas tralo fusilamento.

 A mediados de mes ábrese un sumario para Adepurar la conducta y actividad  política@ de doce gardas municipais de Ferrol, relacionados na prensa13, e Ase cita  a los ciudadanos que tengan que deponer algún caso concreto en favor o en contra de los encartados, que pueden hacerlo a las horas de diez a doce y de cuatro a seis, todos los  días laborables@. Entre os mencionados está o garda Ricardo Cana, fusilado en 1938.


O 22 de setembro é un dos días  máis  negros en canto a número de executados na comarca, nada menos que trinta  e tres, sacados na maioría da "Escollera"  do Arsenal e do APlus Ultra@ por forzas ó servicio da Delegación  de  Orde Pública  e fusilados no  cemiterio de Serantes; entre eles: Nicolás Méndez, de Mugardos, vocal do Sindicato de Pescadores, Marineros y demás  Oficios de CNT; Victoriano Rascado, mecánico, concelleiro   fronte populista de Mugardos; Manuel Vilar, mariñeiro  da Armada;  Salvador Vez Vales, da  Graña-Ferrol, e o seu irmán  José León, comunistas  segundo  a prensa; Armando Martínez, electricista, preso na "Escollera", entregado o 22 á  forza    pública por mandato do Delegado  de  Orde Pública,  con José Hermida, camarero, de Ferrol e  Antonio Veiga,  fogoneiro da Armada, os dous de Ferrol,  segundo  consta no parte de novidades desa   prisión; a lista complétase con José Martínez Porto, militante socialista, albanel de 24 anos; José García Grande, socialista, encargado da oficina de Telégrafos de Ares;  Benigno López, do Sindicato de Industria Pesquera de Mañón, de CNT; Fernando Vázquez, 19 anos, ferreiro de Fene; Miguel Rey, socialista, barbeiro; Marcelino Pampín,  obreiro da construcción naval,  veciño de Serantes, e Argimiro Rojo,  irman do militante do PCE Ángel,  inda que,  segundo  fontes orais, non militaba no partido.

 Entre o 25 e o 27 de setembro son fusilados no  cemiterio de Serantes  corenta    e dous homes do vapor AUdondo@, en grupos de catorce  por día. O barco, matriculado en Bilbao, viña realizando transportes de carbón de Xixón  a Barcelona e foi capturado o 12 ó norte de Xixón  polo  bou artillado ATritonia@14. Trasladado a Ribadeo, a súa tripulación ó completo, formada por  corenta  homes, e dous pasaxeiros, son condenados a morte en aplicación dos bandos, Apor traidores a la  patria@  segundo  a proposta do auditor Rendueles, confirmada polo  xefe da Base Naval, o vicealmirante Núñez, nunha  de sus últimas actuacións na súa carreira militar, xa   que sería cesado o 24 e sustituido polo militar retirado Castro Arizcun. Entre os executados están dous afiliados a CNT. Un é José Fernández, de Muros, que se dera de baixa nas Milicias Populares Gallegas de Madrid para trasladarse a Valencia, co fin de prestar servicios na Mariña como fogoneiro; levaba un carné de afiliado ó ASindicato de la Industria del Transporte@ de Valencia. Nas súas declaracións afirma que se dirixía ó norte para chegar a Muros. O outro pasaxeiro de filiación cenetista é un empregado de Telefónica, Santiago Cela, de Madrid. No informe do capitán de corbeta F. Parga, asinado en Ribadeo a 15 de setembro, expónse que:

(...) como resultado de las informaciones practicadas y de la impresión personal recogida por el que suscribe ante los interesados, la impresión de conjunto del que suscribe, es la de que pudieron destacarse como presuntos inocentes los siguientes tripulantes:

El tercer oficial, Don Luis Morote Chapa; el radiotelegrafista Don Fernando Cuadrado Sancha; el Contramaestre José Sendón Seoane; el primer maquinista Don Bernabé Caicoya Sánchez y el mayordomo Francisco Arruabarrena.

Como presuntos culpables, destacados por sus cargos y antecedentes, pueden señalarse los individuos:

Félix Berrueco Rojas, mozo del vapor; Fidel Sarriugarte Goicoechea, fogonero; Santiago Cela López, pasajero y José Fernández Santiago, pasajero. 15

 

As dúbidas do capitán non tiveron eco no pensamento do auditor Rendueles que decidiu o fusilamento dos corenta e dous do "Udondo".


O Estado Maior de Ferrol recibirá en outubro a cantidade  de 9.521 pesetas, entregadas  pola dotación e pasaxeiros do vapor,  ademáis   de  vinte    libras esterlinas, un aro e un anel de ouro, un monedeiro de prata, e dúas cadeas de ouro con medallas de ouro  e de prata.

O 28 de setembro son sacados da "Escollera" e do APlus Ultra@ oito  militares procesados polos sucesos no ACervera@. Serán paseados cerca de Canido entre o 29 e o 30 e enterrados  nunha foxa común.

Os executados estaban procesados por abandonar o ACervera@ o 20 de xullo  pola porta norte da Constructora Naval, dando Agritos de Viva la República y el Frente Popular, desoyendo los requerimientos y consejos del conserje, para que desistieran de su actitud,  salieron a la  calle con armamento para combatir -no cabe duda  alguna- contra los soldados del Ejército  que defendían la causa de España, siendo   más  tarde detenidos en la población y desarmados por las tropas Nacionales @16. Un escrito do comandante do vapor prisión AGenoveva Fierro@ do 9 de outubro, dirixido ó  xuíz  instructor da causa 59/36, explica ante o requerimento  deste  o paradeiro dos detidos cabos de fogoneiros Nicanor Martínez, Isidro Grandal e os mariñeiros Daniel Varela, Castor Porta, Eusebio Faramiñán e Pio Rodríguez  dicindo: Atengo el gusto de comunicar a V.S. que los citados individuos, desembarcaron del PLUS ULTRA en 28 de Septiembre, por orden del Jefe de Policía, para practicar diligencias.@17  O 16 de outubro é Pagola, o capitán do rexemento  de artillería en funcións de xefe de policía da cidade, quen escribe ó  xuíz  instructor que os referidos:

(...) fueron pasados por los armas el día 29 de septiembre ppdo., habiéndose dado cuenta de ello al Excmo. Señor Vicealmirante Jefe de la Base Naval Principal en oficio n1 2.889 de 30 del mismo mes. 18

 

En outubro continúan,  inda que en menor número, as execucións irregulares que en agosto e setembro eran cotiáns; así, o domingo 11 caen dezaoito  persoas,  veciños de Ferrol e doutros puntos da comarca, como o concelleiro de Fene Eugenio Casal, procesado na causa 505/36 por suposta rebelión militar, e tres detidas o 21 de xullo  fronte ó edificio municipal de Ferrol, decretando o  xuíz  Nieto a súa liberdade  sen cargos o 16 de agosto, permanecendo logo  como Adetenidos gubernativa­mente@; son: Carlos Dobarro, dependente de 18 anos, militante de J.S.U.; Secundino Guimarey, de 28, e o industrial Vicente Fernández. Estes crimes deberon cometerse no  cemiterio de Serantes.


En novembro de 1936 co nomeamento dun novo   Delegado  de  Orde Pública, o tenente  de cabalería Nieto,  xuíz  permanente da 80 División en Ferrol, cesan as execucións irregulares como método represivo predominante; os paseos van ser  máis  illados agora,  pero   non desaparecen e afectarán sobre todo ós fuxidos. Tamén serán  máis  escasos os fusilamentos sen xuizo previo en aplicación directa dos bandos, inda así, a finais  de outubro prodúcese un novo  fusilamento masivo por bando militar, sen determinar que artigo do mesmo se aplica. A decisión do auditor  leva á  morte  a dez tripulantes do vapor ADómine@, incautado  pola Armada, tras determinar que se tramou nel un compló para apoderarse do barco e pasarse ó inimigo. No expediente recóllense as declaracións autoinculpatorias de varios tripulantes recoñecendo a existencia de reunións na cociña doADómine@ nas que se falaba de reducir ós oficiais, botando ó mar a algún incluso, no momento en que se estivese preto de Xixón. Os interrogados declaran  ademáis a súa ideoloxía socialista ou comunista. A facilidade  coa que obteñen as confesións fan pensar no uso de  malos tratos ou coaccións.

O 30 de novembro, Rendueles escribe ó Xefe da Base Castro Arizcun:

 (...) procede que V.E. se sirva disponer que a las cinco de a tarde de hoy, na Punta del Martillo de este Arsenal, y en presencia de las fuerzas, para que ello sirva de ejemplaridad, como lo requieren las actuales circunstancias; sin previa formación de juicio ni más trámites, sean pasados por las armas. 19

 

Os dez executados, seis con residencia en Barcelona, téñen entre 19 e 33 anos.

O   consello   de guerra  máis  importante de 1937, polo  número de acusados, é o que condena a 17 tripulantes do vapor "Mar Cantábrico", da flota republicana, apresado polo  "Canarias" en marzo  dese   ano. Os condenados por rebelión militar son pasados polas armas entre o 8 e o 9 de xullo na "Punta del Martillo" , o dique que cerra a dársena do Arsenal.Os axustizados son sepultados nunha foxa  común no  cemiterio de San Mateo-Narón, a poucos kilómetros de Ferrol, a plena luz do día e ante a presencia de numerosos  veciños  desa   parroquia. Non son os únicos defensores da República que tras caer presos son  xulgados en Ferrol e condenados á  máxima pena.  O 17 de abril de 1937 son fusilados en San Felipe oito  carabineiros da provincia de Ourense, entre os que destaca o comandante Ayala, que ocupaba a xefatura do corpo nesa cidade  no momento do alzamento.


Houbo quen intentou escapar á represión agachándose, como o alcalde de Serantes, Porto Leis, de Izquierda Republicana, amigo de Casares Quiroga. A casa de Porto recibira a visita da GC xa nos primeiros días do alzamento. A muller de Porto  dera a luz a unha  filla unha   semana antes -xa   tiñan outra de dous anos- e os gardas rexistraron  ata  debaixo da cama  onde  estaba convalecente do parto. Alejandro Porto, autor de poesías en galego  e castellano (AIntemperancias poéti­cas@, 1933), permaneciu fuxido ata  ser detido o 31 de xaneiro de 1938. A detención foi realizada por milicianos de Serantes en casa do doctor Fajardo, militante de CEDA. Polo  publicado entón na prensa, baixo titulares como Adetención de un funesto extremista@ o Acaptura de un alcalde rojo@, sabemos que Porto se ocultou  en varios domicilios e nas covas da costa,  onde  enfermaría  ata  o punto de necesitar  a un médico, e ó acudir á  consulta foi apresado polo xefe de milicias de Serantes, Saturnino Velo, e dous milicianos  máis. Os periódicos recollen que se fixo   cargo do detido a Garda Civil de Ferrol e que se detivo tamén baixo a acusación de encubridores a estes  veciños de Serantes: Modesto del Río, un  labrego de 57 anos, Jesús Miño,  labrego de Mandiá, e tres irmás de Sta. Mariña, ingresando todos no cárcere de Ferrol.Os homes non deberon entrar realmente no penal ferrolán; no rexistro civil de Serantes inscribíronse en outubro de 1940 os  falecementos de Jesús Miño e de Avelino Landeira, un carpinteiro de 34 anos, certificándose que a defunción prodúcese entre o 1 e o 2 de febreiro de 1938 a consecuencia de Aheridas de arma de fuego@, mentres  ata  1943 non se inscribe a morte de Modesto, situandose na mesma data, polo  que supoñemos que os  detidos -entre  eles Porto- foron paseados ó día seguinte do seu apresamento.

Ferrol e o seu contorno, Serantes, foron escenario de actos represivos que tiveron como víctimas a poboadores da comarca e de fóra dela, de  maneira  que nos dous concellos localízanse 566 execucións (345 irregulares e 221 sumariais). Ese número significa o 80 % da cantidade  de execucións (715) sucedidas na comarca, sendo os lugares escollidos para realizalas:

-O  cemiterio de Canido, lugar de paseos diarios e de execucións regulares no 36.

-O  cemiterio de Serantes, para paseos e execucións en aplicación dos bandos por autoridades de Mariña en 1936.

-As instalacións do Arsenal Militar (a "Punta del Martillo", a "Cortina"-o dique do oeste, protexido cunha batería artilleira de cen troneiras- e a "Galería de Tiro"), para fusilamentos dos condenados en consellos de guerra de Mariña ou en aplicación de bandos; aquí suceden alomenos143 execucións ata decembro de 1939.

-O castelo de San Felipe, para pasar polas armas a condenados en consellos de guerra do Exército, con 71 fusilados contabilizados.

O total de domiciliados en Ferrol-Serantes executados entre 1936 e 1939 supera os douscentos, 226, como un número mínimo comprobado documentalmente.  Desa  cantidade, alomenos 140, o 62 %, foron pasados polas armas sen sentencia previa.

Libraría Central Libreira. Rúa Dolores nº 2   15402 Ferrol
http://www.centrallibrera.com   http://www.deferrol.com http://www.leergratis.com  Tel
éfono 981 35 27 19


CAPÍTULO VI. OS CONSELLOS DE GUERRA.

6. 1. Consideracións previas.

Analizamos os xuizos celebrados en Ferrol entre agosto de 1936 e decembro de 1939 con tribunais  militares que condenaron a morte  a civís e militares acusados de rebelión, sedición ou traición por defender o réxime republicano. Examinamos máis  das tres cuartas partes dos sumarios do período 1936-1939 que supuxeron execucións: o 78 %, que provocaron o 87 % das mortes por   consellos de guerra celebrados na cidade entre xullo do 36 e  decembro de 1939.

 Foi en 1936, no seu segundo semestre,  cando  se abriron máis causas, disminuíndo logo, sobre todo en 1938 e 1939, reducíndose  ademáis os sumarios nos que aparecían varios encausados.

CADRO 2.

 Sumarios examinados de consellos de guerra celebrados en Ferrol, 1936-1939.

Ano   Mariña      Exército       N1                 Penas de morte      Excs./sumario

1936   27      13        40       149 (M: 108, E: 41)     3'725

1937   10      9         19       64 (M: 39, E: 25)  3'368

1938       3      1          4               7 (M: 5, E: 2)    1'750

1939     2    0        2       2 (M: 2)           1

Totais       42      23          65                 222 (M: 154, E: 68)    3'415

(M= Mariña; E= Exército).

A maior intensidade  represiva media deuse en 1936 (con 3'7 executados por sumario), producíndose o dobre que en 1937. Dáse unha maior mortalidade  nos consellos de guerra celebrados  pola Armada,  cada sumario produce de promedio 3'66 execucións, mentres no  Exército  cada causa conleva de media case 3 fusilamentos.

Nos 65 sumarios foron procesadas case  setecentas persoas (698, 370 militares), producindo 222 fusilados, 188 penas de perpetua, 20 de 20 anos, 6 de 15 anos, 39 de 12 anos, 12 de 10, 10 de 8 anos, 4 de 6, 1 de 4, 1 de 3, 1 de 6 meses e 70 absoltos. Dos 700 procesados foron  xul­gados en   consello de guerra 574 (o 82 %); o resto foi encausado en rebeldía ou viron sobreseída a causa. Deses 574 foron absoltos o 12 %, mentres case o 39 % era executado, o 33 % condenado a reclusión perpetua (30 anos) por sentencia directa ou por conmutación da pena de morte, e o 16 % restante a penas de cárcere de duración igual ou inferior a 20 anos e un día.

 


6. 2. Descrición de sumarios.

6. 2.1. Na Armada.

O caso Azarola  e a causa 19/36. Abriuse o 24 de xullo,  sendo unha das primeiras ocasionados polo alzamento -abriríanse preto de mil antes de acabar o ano-, e procesando en primeiro lugar ó contralmirante Azarola Gresillón, Xefe do Arsenal Militar de Ferrol desde novembro de 1934,  ministro de Mariña  no goberno de Portela Valladares en 1935. Natural de Tafalla (Navarra), Azarola tiña 61 anos. O  xuíz  instructor designado foi o xeneral de brigada de infantería de Mariña  Jesús Carro, como fiscal actuou o coronel auditor da Base Conde Pumpido, e como defensor o capitán de navío Pablo Hermida, que o 24 de agosto sería detido por policías  da Delegación  de  Orde Pública  xunto a tres maquinistas; acusados de concomitancias e como desafectos á  causa do movemento redentor de España, foron propostos para sufrir desterro e perda de emprego. Presidindo o tribunal de oficiais xenerais  figura o contralmirante Vial e como vocais: o contralmirante Sánchez Barcaiztegui, o contralmirante Trullenque, o xeneral de intendencia da  Armada González, o xeneral de artillería da Armada Vela, o xeneral de sanidade  da Armada Belascoain, o coronel do rexemento  de artillería n1 2 Corsanego, e o coronel González, de infantería de Mérida 35.

Este tribunal condena a morte a Azarola o 3 de agosto, aceptando a petición do fiscal baseada en:

 un delito de abandono de destino del Jefe del Arsenal ante rebeldes y sediciosos, inhibiéndose en sus funciones, retirándose a sus habitaciones particulares y oponiéndose a que se declarase el estado de guerra en esta plaza1.  

 

No   consello   de guerra, celebrado no cuartel de infantería de Mariña (cuartel de Dores ou de Batallóns, en Esteiro) o defensor de Azarola pediu unha    pena de seis meses e un día a doce anos de prisión, aceptando o delito de inhibición do seu defendido.  O fiscal Conde Pumpido solicita a pena de morte. A vista iníciase ás nove da mañá e termina ás dúas e cuarto,  cando  o tribunal se retira a deliberar. Azarola é executado ó día seguinte, no mesmo cuartel.

 Entre as declaracións aportadas ó sumario destacan as doprocesado, a do xefe do Estado Maior Vierna e as dos sublevados Francisco Moreno e Ángel Suances.

Azarola explica a súa conducta  cando  o comandante de arti­llería Uriarte, enviado polo  Gobernador Militar,  lle pide no despacho, sobre as 15.15 do histórico 20 de xullo, que se sume á  sublevación: Aconsideraciones de carácter militar me impedían en absoluto el sumarme a un acto que consideraba sedicioso (si bien inspirado en las  más  nobles intenciones)@.


Ó  xuíz  instructor Azarola expónlle que a súa actitude nunca foi contraria ó movemento,  inda que  sen participación activa nel, por estimar que un compromiso de honor, e de dignidade,  lle impoñían adhesión incondicional ó Goberno.

O xefe do Estado Maior da Base, Manuel Vierna, narra por escrito a serie de sucesos que se producen entre o 20 e o 22 de xullo, cualificando os  feitos de insurrección revolucionaria, que empezaría ás 15.20 horas  segundo a súa declaración, co estalido de tres Abombas@, momento no que os obreiros da Constructora Naval abandonan o  traballo, disolvéndose a xente  con disparos de fusil efectuados desde o paseo de Herrera e desde o Goberno Militar. A continuación resume as situacións nos diferentes barcos, e sobre Azarola manifesta: Adesde el primer  momento la actitud del C.A. [contralmirante] 21 Jefe ha sido de desobedecer las órdenes emanadas de E.M. [Estado Maior] oponiéndose a que se cerraran las puertas del Arsenal@ cando a manifestación de xente  pedindo   armas.

O capitán de navío Francisco Moreno declara que Azarola manifestoulle  no camión que o conducía detido: Aque se había inhibido en la defensa del Arsenal@.

Outro declarante, o capitán de fragata Ángel Suances, asegura que ás dúas e media da tarde do 20 presentáronse na Porta do Parque un ou dous camións ocupados por paisanos que piden armas, ó que se negou como comandante da garda, tralo cal ordenou pechar a porta. Foi logo  ó despacho de Azarola para explicarlle o sucedido, pero aquel intentou tranquilizalo dicindo que non pasaba nada: Ael Contralmirante puso en duda que pudiese alterarse el orden, pues tenía la promesa del alcalde de que nada iría contra el orden@.

Outras declaracións de testemuñas falan dunha suposta comunicación telefónica entre Azarola e o alcalde Santamaría, e de que o  Concello estaba en contacto coa rebelión nos buques AEspaña@ e ACervera@, intentando facer ver un suposto acordo entre o Xefe do Arsenal e os chamados Arebeldes@. Esta conexión non queda probada, pero Azarola vese condenado a morte por unha suposta deixación do seu deber ó non  impedir os chamados  feitos revolucionarios do pobo e das dotacións amotinadas no Arsenal, considerados actos de rebeldía polos sublevados. O argumento do defensor de Azarola de considerar a súa actitude como de Ainhibición@ non  é atendida polo  tribunal. O defensor expón no sumario que o exministro de Mariña   


(...) se inhibía del movimiento, pero que no se oponía, que lo veía con simpatía, pero que no podía adherirse por circunstancias del pasado, que como queda expuesto, le habían quedado aquellos compromisos de honor de sus actuaciones en el Gobierno. No podía tampoco prestar su conformidad a la salida de las fuerzas a la calle y a la declaración del estado de guerra, sin la existencia de una previa orden del Gobierno@2.

 

Outro argumento do capitán Hermida é que a inhibición de Azarola prodúcese antes dos primeiros disparos no Arsenal, antes dos primeiros actos de rebelión, polo  que se o tribunal consideraba esa actitude como abandono de destino, nunca se podería considerar ante rebeldes ou sediciosos. Solicita para o acusado a pena que define o punto 31do art. 161do Código Penal da Mariña  de Guerra (seis meses e un día), pero ó contralmirante se lle aplica o punto 11 , que castiga ó que abandone o seu posto Amandando guardia, ronda, avanzada o cualquier fuerza    en servicio de armas@ coa pena de morte   Asi fuera al frente del enemigo o de rebeldes o de sediciosos@. De non aplicárselle este punto viríase  abaixo a argumentación xustificativa do alzamento: a de facer   fronte    a unha  revolución da  Fronte Popular. A condena de Azarola está forzada  pola necesidade  de lexitimar o alzamento: se non  hai  rebeldes en Ferrol  cando Azarola inhíbese do cargo, non tería obxecto o movemento militar.

Ó sumario 19/36 únese o proceso realizado en agosto de 1938 contra o capitán de Infantería de Mariña  retirado, Ramón Cebral Sueiras, de 46 anos, militante socialista, que fora detido no seu domicilio de Serantes  nese mes tras un rexistro no que se lle descubriu oculto, en roupa interior, nun vano da escaleira disimulado tras unha  cómoda. A detención veu provocada polas sospeitas que levantou a inscrición do nacemento dun fillo no rexistro civil, xa que se lle dera por fuxido.

 O primeiro que tén que responder Ramón Cebral ó prestar declaración para o sumario é  que fixo en xullo de 1936; sinala que o 20 dese mes estaba na praia da  Gándara e que regresou á casa ó escoitar que houbera disparos en Ferrol. Levou logo ós seus fillos ó campo, como fixo    moita xente, regresando de noite ó domicilio,  onde estivo agachado todo o tempo, ignorando todos, agás súa nai, muller e fillos  onde  estaba e que non se presentou ás autoridades por temor a represalias pola súa militancia política.

O resto das preguntas  refírense  á súa actividade  política no período da República. Contesta ó  xuíz  instructor que en 1934 estivera  detido cincuenta días polos sucesos de outubro, sendo  sobreseído o sumario; dentro do PSOE desempeñou o labor de administrador de El Obrero e foi apoderado nas eleccións de febreiro de 1936; que non instruiu militarmente ás Juventudes Socialistas nin nunca llo propuxeron; que non pertenceu a secta masónica  algunha,  inda que   o coronel médico Carballa e un maquinista lle insistiron para que o fixese; que no Partido Socialista había dous maquinistas da Armada, e en IR estaban Mendiguchía (militar retirado, paseado en agosto do 36), e outros dous.


Como antecedentes na súa contra únense ó sumario as declaracións de tres políticos da dereita  local: Pérez Barreiro (avogado que presidiu a Unión Regional de Derechas de Ferrol, de CEDA), Borrás (de Renovación Española) e Cotovad (do Partido Radical). Estes dan por segura a personalida­de  revolucionaria do acusado, que aparecía alá  onde  había problemas de orde pública. Tamén na súa contra figuran no sumario declaracións de Agardas de seguridade @ que no Concello  o 20 de xullo vérono portando pistola, polo  que será acusado estar no Consistorio Acon armas y ocupado en menesteres  revolucionarios, al lado del alcalde y demás  dirigentes@.

A sesión do  consello   de guerra de oficiais xenerais  celébrase o 3 de setembro de 1938. Resultando que foi afiliado á  Agrupación Socialista, di o fallo, onde  desempeñou cargo directivo; que en 1932 foi visto no grupo que Atumultuariamente@ asaltou o local do periódico católico La Verdad  e unha librería, incendiando enseres e efectos; que en 1933 Aacaudillaba un grupo de mozalbetes@ que arrancaban carteis electorais  dereitistas, Amaltratando a las personas que los fijaban@; que en 1934 foi detido como consecuencia da  revolución de outubro, corréndose o rumor de que se esta triunfaba sería  nomeado  Gobernador Militar da Praza, e Aque poco tiempo antes de producirse el Alzamiento Nacional anunciaba la rebelión, y en términos exaltados se expresaba diciendo que debía hacerse supresión por muerte  violenta de determinadas personas y familias antimarxistas@, considera o tribunal que os  feitos do  procesado o 20 de xullo constitúen un delito de rebelión militar, previsto e  penado no  artigo 128 do Código Penal da Mariña  de Guerra, e que a súa participación foi a de autor directo.

Na decisión do tribunal militar  pesan  feitos  do condenado anteriores ó alzamento,  no seu día perfectamente legais: cargos directivos nas agrupacións socialistas de Ferrol e Serantes, e na administración dun semanario. Califícase ó reo como un revolucionario que busca a destrucción do réxime republicano, por eso se  acode ó seu comportamento en outubro de 1934 e dáse como innegable un rumor, o de ser o posible AJefe Militar@ da revolución socialista.

O caso do acorazado "España". Deu lugar a varios sumarios, o 58/36 é un dos  máis  importantes  pola cantidade  de procesados (71 militares) e o que  máis  condenas a morte produce (32). Tén como instructor ó tenente  coronel auditor Jesús de Cora, que o 14 de agosto inicia as actuacións coa declaración do auxiliar naval Alfonso Raja, preso no APlus Ultra@, paseado tres días despois xunto a tres procesados  máis  na causa e outros (Quintanilla, García Niebla...).


 No   escrito de conclusións provisionais  que realiza o fiscal  faise un relato do  acontecido no AEspaña@.  O luns 20 de xullo, nas primeiras horas da tarde, o comandante accidental do acorazado, o capitán de corbeta Antón, ordena que saia a terra unha  compañía de desembarco composta por dúas seccións: unha    de ametralladoras, ó mando do alférez de navío Pedrosa,  e outra de fusís ó mando do oficial de artillería Mouriño. O obxectivo desta tropa, ó mando do tenente de navío Núñez de Prado e que forma na toldilla, na popa do barco, é reforzar ó  Exército e á infantería de Mariña  que loitan nas rúas.  Cando  se dá a orde de  saída, Mouriño interpela ó capitán Antón  sobre a finalidade  da  saída, contestando este Aque se hacía por orden del Mando@. En ese momento Mouriño disparou a súa pistola cara ese xefe sen ferilo e á súa vez foi ferido por un disparo de Pedrosa, ó que  se lle encasquilla a arma. O comandante do barco intentou retirarse pero foi seguido e detido por Mouriño.

Con él colaboraron  en este  hecho el Maquinista López Amor, el Auxiliar Raja y  varios       cabos y marineros, que lo llevaron en dirección a proa; pero al encontrarse cerca de una       de       las torres uno de la dotación, que no ha podido averiguarse quien fue, le dio un machetazo en el  cuello y al caer herido al suelo sin sentido fue bestialmente rematado allí de un tiro por el fogonero    García Eiroa. 3

 

Outros tres oficiais caeron mortos aquela tarde: o tenente  de navío Suances Jáudenes a causa dun tiroteo; o tenente  de navío Prado, que xa   en terra   ó iniciarse a loita Arompió el fuego contra los rebeldes@  ata  caer morto  de  catro disparos; e o tenente  de navío Escudero, que encerrado nun calabozo, foi alí  "asesinado en forma cobarde y cruel por el cabo Agras@. Os outros dous oficiais foron encerrados  ata  a rendición do acorazado.

Para o fiscal:

(...) es indudable que la dotación del AEspaña@ fue la primera en unirse al movimiento revoluciona­rio rompiendo el fuego contra la oficialidad; como si esto al ser oído fuese una señal convenida de antemano, le secundó la dotacióndoACervera@ y casi simultáneamente las de Brigadas y AContramaes­tre Casado@. Como en todos estos buques, un grupo principal llevó la dirección del movimiento; figurando a su cabeza, como queda dicho, los oficiales Mouriño y López Amor, (...); y a parte, si bien colaborando sus compañeros, figuraba un núcleo de marinería y fogoneros comunistas, que tenían organizado su correspondiente comité.4

 


A vista da causa 58/36 enceta na Academia de Maquinistas da Armada o  venres   30 de outubro. Este día dedícase á  lectura do sumario e á  presentación de testemuñas e procesados que son interrogados polo  fiscal, o tenente  coronel auditor  Merino, e polos defensores -uns  nomeados polos reos e outros de oficio-. O 31 continúan as preguntas ós procesados, o 1 de novembro termina a vista e redacta  a sentencia  o tribunal presidido polo  contralmirante Sánchez Barcaizteigui (edil no concello ferrolán), que tén como vocais  ós  capitáns  de navío Piña,  Samper e Pita da Veiga, ó coronel de infantería de Mariña  Liaño e ó tenente  coronel Enrique de La  Huerta,do rexemento  de infantería Mérida 35.

 No   veredicto considérase demostrado que a rebelión no AEspaña@ estivo  dirixida polo  oficial de artillería Mouriño, secundado por:

(...) los Maquinistas,  Don Pedro  López Amor [fusilado], Monteagudo y Canosa, Auxiliares Navales, Raja y Serantes [os  catro paseados o 17 de agosto], Auxiliar de Artillería, Ramonde [suicidio], Cabo Agras Pedreira, marineros López Victorero y López Fernández y fogonero García Eiroa [fusilados os  catro], juzgados unos y fallecidos otros y los procesados en estos autos, marineros, Ángel Méndez García, Manuel Calvo Arribas, Manuel Gallego Méndez, Manuel Martínez Inclán y fogonero Reyes Yáñez Pérez, de matiz comunista estos cinco e individuos de un Comité de tal carácter en el barco.5

 

O   consello   de guerra condena a reclusión perpetua a catorce procesados, e a morte a  trinta e dous do AEspaña@ polos delitos de rebelión e sedición, sen recoller, nin nas conclusións do fiscal nin na sentencia, os  feitos concretos de cada procesado, só frases como: Aestuvo en la torre directora@, Apor sus malos informes y estar armado es de suponer fuera de los que disparaban contra el citado Oficial@, Alos dos declarados indeseables en informe unido a los autos y que fueron vigilantes de los Oficiales detenidos@, Ase dedicaba a registrar las torres, en busca de fascistas@, Atenía grandes concomitancias con el Oficial Mouriño@.

Os condenados a morte, e fusilados, son os auxiliares  Díaz Vales, de Serantes, e Bellafont Ginart, de Ferrol, adscrito á  Escuela de Marinería, que se unira á  tripulación o día 20, además de dez cabos e vinte mariñeiros  (de entre 18 e 25 anos de idade) e fogoneiros. O fusilamento colectivo, con dúas ametralladoras, tén lugar no adro da  igrexa do Val (Narón) ó anoitecer do 26 de decembro. Os mariños enfróntanse á  morte con cánticos como A Internacional. Segundo a inscrición das defuncións no rexistro parroquial, dezasete dos condenados néganse a recibir os sacramentos dos frades mercedarios que os acompañan, o resto, que os recibira en Ferrol, renega  deles pouco antes da  execución.  Os defensores do réxime   republicano reciben sepultura  nunha foxa  común.


A persecución da mariñeiría. Na causa 34/36, iniciada o 4 de agosto, procésase a sete militares, un destinado en Brigadas de Instrucción (o cabo de artillería Ramiro Isidro Carrodeguas, de Ferrol) e seis do cruceiro  AAlmirante Cervera@ que teñen entre 19 e 25 anos: o cabo electricista Paulino Rodríguez, de Ferrol; o cabo de artillería Gerardo Picallo, de Neda, e os mariñeiros: Eugenio Salgado (de Pontedeume), Ángel Sanz (de Serantes), Bernardino Vila (de Fene) e Pedro Rodríguez (de Sober-Lugo).

As conclusións provisionais do fiscal, o coronel auditor Conde, o15 de agosto, veñen a dicir que Carrodeguas Afue con el  maestre Manso, ya juzgado, jefe de la sedición iniciada el día 20 de julio@ no cuartel de Brigadas de Instrucción, dando ordes á mariñeiría, detendo ó oficial de Intendencia Guarch e ó tenente  de navío Prado e levando a voz dos Asediciosos@ nas conversas para a rendición, para o que se trasladou ó cuartel vello do Arsenal, ó AEspaña@, ó ACervera@ e ó ACasado@. Os outros acusados, todos tripulantes do ACervera@, actuaron:

  en abierta hostilidad y desobediencia al mando en los días 20 y 21 de julio último, armados de los correspondientes fusiles, desembarcaron de su buque y penetraron en la población mezclados con grupos tumultuosos de paisanos, haciendo fuego contra las fuerzas del Ejército leales,  siendo detenidos con las armas en la mano. 6

O cabo de artillería Picallo mandaba,  segundo  o fiscal, un grupo de mariñeiros. Paulino Rodríguez, cabo electricista,  saíu do buque contra a prohibición dos seus xefes o 20 de xullo, sen que poidera determinarse que mandara un grupo de mariñeiros polo  que non pode considerárselle como xefe sino como executor da sedición. O fiscal pide pena de morte  para  Carrodeguas e Picallo como xefes e promotores dun delito de sedición, e reclusión perpetua para os demáis, a máxima pena prevista como simples executores.

Os respectivos defensores dos acusados non están de acordo coas conclusións fiscais. O avogado Sáinz Gómez, que defende ó mariñeiro Sanz, afirma nun escrito de alegacións que non está probado que o seu representado penetrara na poboación mesturado con grupos de civís, nin que fixera fogo contra as forzas. Pide a absolución ou seis meses e un día por un delito como mero executor da sedición.

Outro letrado, Ruiz de Velasco, que exerce a defensa do cabo  Paulino Rodríguez, basea a súa alegación en que o seu defendido abandonou o ACervera@ ás once e media da mañá do día 20, horas antes da iniciación do movemento e da declaración do estado de guerra, estando fuxido  ata  o 23, que regresou a Ferrol para entregarse na Axudantía Maior. Pide seis anos e un día por delito de abandono de buque en tempo de paz. Un tenente  de Intendencia da Armada, defensor do cabo de Brigadas Carrodeguas, admite a culpabilidade  do seu defendido pero como executor dunha sedición.

 Outro tenente  de Intendencia, defensor de Rodríguez Morelló, afirma que o mariñeiro tomou as armas ó toque de chamada, municionándose en virtude de orde recibida, sendo responsable por obediencia debida polo  que solicita a absolución.


O defensor do cabo Picallo, un capitán de Intendencia da Armada, di que non hai  proba  de que o seu defendido fora dirixente dos sediciosos, polo  que pide seis anos e un día por abandono de buque en tempo de paz.

O capitán de artillería Lobo defende ós mariñeiros Vila e Salgado, estimando que só son responsables de deserción, ó  saír do ACervera@ sen autoriza­ción.

A continuación  engádese á causa 34/36 un escrito do coronel Comandante Militar da Praza de Ferrol, dirixido ó  xuíz  instructor a petición deste, no que se expón que o estado de guerra na cidade  proclamouse o 20 de xullo ás 18 horas Asin asistencia de tropas, debido al tiroteo que en aquellos momentos había en la población@.

O 20 de agosto as peticións definitivas do fiscal son: pena de morte para Carrodeguas e Picallo como promotores dun delito de sedición; reclusión perpetua para Sanz, Salgado, Morelló e Vila, como executores  dese   delito; e  vinte    anos de reclusión para  Paulino Rodríguez por abandono de servicio en momentos de guerra.

O 25 de agosto desígnase o tribunal do  consello   de guerra, que verá e fallará a causa ó día seguinte, recollendo a sentencia as peticións do fiscal na súa totalidade .

Pero dous días  despois   o auditor da Base Rendueles recurre a sentencia e solicita a pena de morte   para tódolos  procesados na causa. Remítese a petición a Valladolid,  onde  o xeneral Mola, Xefe do Exército do Norte, dá a a súa conformidade considerando que hai delito de traición por abandono do buque de destino para pasarse ó inimigo. En consecuencia, o sábado 5 de setembro, ás sete da tarde, na "Punta del Martillo" do Arsenal son fusilados os sete procesados.

O "Cervera" defende á República. Na causa 39/36 é procesado o comandante do cruceiro  AAlmirante Cervera@, Juan Sánchez Ferragut, capitán de navío, de 53 anos, polos sucesos de xullo no seu barco.  O sumario ábrese o 5 de agosto. Como fiscal actúa o coronel auditor Conde Pumpido e como defensor o capitán de fragata Ángel Suances, escollido polo  propio acusado.

O 6 de agosto tómase unha primeira declaración ó capitán Sánchez, quen afirma que o 20 de xullo ó mediodía estivo  no despacho do vicealmirante Xefe da Base. Logo,  pola tarde, en medio da confusión provocada  pola entrada de civís no cruceiro, fixéronlles descargas de fusís a mariñeiría, matando ó 21 comandante Vázquez, e ferindo ó terceiro comandante e a el mesmo nas pernas. Logo  di:


 (...) me retiré a mi Cámara con algunos oficiales, el Tercero y algunos marineros al parecer adictos al mando. Y desde entonces perdí el control de la gente. (...) Desde el momento en que me hirieron yo no me traté con la gente mas que con los oficiales emisarios que tenían cierto ascendiente con la dotación. Pasadas unas horas me entero por uno de los emisarios que van hacer uso de la artillería y comprendiendo no sólo el daño que iban a efectuar a la población, sino que por estar el buque en seco la destrucción de éste sería muy probable, les pedí y les aconsejé una tregua hasta que el buque por lo menos flotara.7

Ante as preguntas do xuíz  instructor, Ferragut narra o sucedido na reunión de xefes e oficiais do 20 de xullo, á  unha e media, e lembra que asitiron o Comandante Militar xeneral  Morales, o coronel médico Pedrosa, o coronel de Intendencia Bruquetas, o coronel de maquinistas Manso Díaz, o xefe do Estado Maior Vierna, o tenente  coronel de infantería de Mariña Huertas, e que non estaba nela o contralmirante Azarola. Acordouse que o vicealmirante Núñez, xefe da Base, avisaría do momento de actuar  segundo  obrara o  Exército. Na reunión Ferragut manifestou que Ade la gente del buque de su mando no respondía@.  Á   saída, o comandante do destructor AVelasco@  propúxolle visitar a Azarola pois Ahabía confusión acerca de la actitud a tomar@.

O fiscal redacta unhas conclusións provisionais  o 8 de agosto, nas que considera como  feitos probados que o comandante doACervera@ dispuxo que se dera auga ó dique para reflotar o barco, así como utilizar a  radio, posta fora de servicio por orde do almirante Xefe da Base, para enviar unha mensaxe a Madrid, ó ministro de Mariña, solicitando permiso para o reflotamento. A radio, para o fiscal, funcionou no ACervera@ constantemente e de parte dos radios deuse conta  a  Ferragut, sendo  Ala radio la que contribuyó a sostener el espíritu rebelde de la dotación@. O martes 21 o  cruceiro  comenzó a facer   fogo de  canón  Aautorizado por el  Comandante,  según  unos y de orden de éste,  según  otros,  aunque   sí aparece probado que de esto como de todo lo importante que en el buque ocurría se le daba cuenta@. O procesado,  segundo  o fiscal, non recorda se deu ou non conformidade ós primeiros canonazos,  pero nos últimos disparos estaba convencido de que a súa negativa sería xa inútil, incluso manifestou que se había algún oficial que quixera tomar o mando que o fixese. Ó comprobar por aviso radiotelegrafiado do Goberno na tarde do 21 de que sería imposible o envío de aviación, os resistentes decidiron rendirse, redactándose entón unhas bases firmadas polo  comandan­te do cruceiro  para a capitulación, que foron entregadas na Xefatura da Base Naval.

Para o fiscal, o capitán Ferragut continuou dunha ou doutra forma como comandante,  xa que se se deu  auga   ó dique foi obedecendo as súas ordes e pola súa parte non adoptou ningunha medida para evitar a sedición. Os feitos estarían comprendidos no  artigo 116 do CPMG, puntos 41 e 81, polo que pide a pena de morte  para o procesado por traición.


O punto 41 do 116  sinala como traición Ala entrega al enemigo de cualquier buque al servicio de la Armada@, asimilando a situación dunha    tripulación que se fai cargo do buque ante unha    sublevación contra o Goberno  cun inimigo estranxeiro nunha    guerra declarada, e o punto 81: Ael sosterner  correspondencia o inteligencia directa con el enemigo sobre operaciones de guerra@, en referencia ós radiotelegramas interpostos con Madrid.

A defensa do capitán está a cargo docapitán de fragata Suances, Axudante Maior do Arsenal, que na defensa apela primeiro ó xesto emotivo facendo referencia á súa antiga amizade  co procesado e a que este lle esperan en Madrid a súa esposa -invidente- e  catro fillos.  Logo, tras expoñer a motivación do alzamento como unha reacción ó motín de auxiliares e mariñeiros  que dominan os barcos do Arsenal en connivencia cos da Fronte Popular  que inician a  folga  general revolucionaria, afirma que o capitán de navío Juan Sánchez Ferragut deixou de ser o Comandante efectivo do buque. Para o defensor, Ferragut non pode ser un traidor, xa que quen lle entregou o buque ó seu mando foi o Goberno da FP e el entregouno ó Xefe da Base, de maneira que se caía preso dese AGobierno Rojo@ (sic) sería  xulgado por traidor:

traidor para el fiscal, traidor para el Gobierno de Madrid, traidor para la dotación del barco: triste destino el del Comandante Ferragut.

 

O tribunal de oficiais xenerais  que xulga ó comandante do "Cervera"  está formado polo  vicealmirante Calvar Sancho como presidente, e como vocais os contralmirantes Franco Villalobos e Sánchez Barcaiztegui, o coronel de infantería de Mariña    Liaño e os  capitáns  de navío Basterreche e Fernández Piña. Vocal ponente é o coronel xurí